Unha kombucha ecolóxica feita en Galicia

Unha nova maneira de saborear a natureza: lixeira, moi refrescante e directa da nosa granxa.

Unha kombucha ecolóxica feita en Galicia
Que é a kombucha?

Que é a kombucha?


A kombucha é unha bebida elaborada a partir de té verde fermentado de forma natural. E nós de fermentados… sabemos moOito!

E que máis leva?

Azucre de cana, froita ecolóxica e, o máis importante: Scoby, unha combinación de fungos e lévedos que fermenta o té e “come” o azucre. Neste proceso, ademais, libéranse ácidos orgánicos esenciais, como o acético ou o láctico, e bacterias vivas probióticas. Que fan que a kombucha tamén sexa o máis!




Feita en Galicia, no corazón do noso souto


A nosa Kombuxa elabórase no corazón da nosa granxa, concretamente no noso Souto. O desperdicio cero está tan integrado no ADN de Casa Grande de Xanceda que decidimos darlles unha segunda vida ás nosas instalacións, recuperando un antigo establo de gando para transformalo na nosa kombuchería.

Situado ao carón dunha impoñente masa de castiñeiros centenarios, este novo espazo segue fielmente a nosa filosofía de apostar por un rural vivo e dinámico. É a nosa maneira de demostrar que a innovación, a sostibilidade e os proxectos con futuro tamén nacen e fermentan directamente no campo.

Feita en Galicia, no corazón do noso souto

As nosas Kombuxas

Lemon Verbena

Lemon Verbena

Un baile de cítricos no padal, que refresca e engancha!

Maxical Berries

Maxical Berries

Un conxuro de froitos vermellos e hibisco… co espírito da queimada, pero en versión refrescante!

Paixón Tropical

Paixón Tropical

Un match moOoi tropical. Combina a suavidade do pexego co toque exótico  da froita da pasión.

fresa
mora
Non sabes por cal empezar?

Non sabes por cal empezar?


Leva o pack KombuMix e goza do refrescante sabor das nosas Kombuxas.



MERCAR O PACK

Onde atopar a nosa Kombuxa?


Podes atopala na nosa tenda en liña, en tendas eco especializadas e nos supermercados que che deixamos aquí abaixo.

E antes de que saias correndo buscala, lembra: debes buscala sempre na zona de refrixerados!

Onde atopar a nosa Kombuxa?