Para a sociedade

Compromiso co medio ambiente

  • Non usamos pesticidas nin produtos químicos. Non á contaminación dos solos e dos ríos!
  • Cada ano plantamos máis de 300 árbores e o 30 % da nosa finca é bosque autóctono.
  • O noso vaso é 100 % reciclable e ten a capa de plástico máis fina posible.
  • Somos zero waste: nada se tira, todo se aproveita ou se doa.
  • 75 hectáreas da nosa granxa forman parte dun Espazo Natural Protexido: as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro.

Vacas moOooi felices!

Compromiso cos animais

  • Vacas felices? Exacto! Preocupámonos por tratar as nosas vacas da mellor forma posible. Elas son as que nos dan o mellor leite e, por iso, mimámolas como merecen.

  • 360 días de pastoreo. As nosas vacas saen pacer todos os días herba ecolóxica (ben, case todos: algunha vez neva ou diluvia e están máis quentiñas na súa cama de palla).

  • Si á biodiversidade! Temos máis de 60 caixas niño e 42 colmeas de abellas na nosa granxa.


Máis información

Compromiso co rural

  • Apostamos por contratos estables, formación continua e conciliación. Xa somos máis de 60 persoas aventureiras!
  • Queremos que a nosa forma de traballar inspire máis proxectos sostibles e ecolóxicos no rural galego.

Máis información

Ecovisitas Solidarias

Coidamos con agarimo das vosas vacas, loitamos pola natureza e defendemos o mundo rural.



Queredes vir visitarnos?
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital