Se sodes un grupo numeroso de familiares ou amigos e che costa atopar entradas para todos a través das visitas particulares, a ecovisita de grupo pechado é a túa mellor opción! Para solicitar unha visita grupal lembra que debedes ser mínimo 20 persoas e máximo 25 (contando adultos, nenos e bebés). En caso de non se cumprir estas condicións non poderemos realizar a visita grupal, pero si podes adquirir entradas como particular!
1. QUERES UNHA ECOVISITA GRUPAL PARA O 2027?
O 18 de xaneiro ás 12:00 h, debedes estar moOoi atentos ao noso calendario porque é o momento de reservar data para virnos visitar en febreiro, marzo e abril. Serán visitas moi especiais de Entroido e Pascua! Busca a data que vos encaixe a todos e consegue as entradas directamente para todo o grupo. Asegúrate ben da data e número de persoas porque non poderemos modificalos.
2. CAL É O PREZO DAS VISITAS DE GRUPO?
O prezo da entrada por persona é o mesmo que nas visitas particulares. Sen embargo, neste caso é necesario abonar a entrada de todos os participantes, independientemente da súa idade.Isto significa que, mentras que en nas visitas particulares os menores de 2 anos acceden gratuitamente, nas reservas de grupo contabilizanse como participantes e abonan entrada. Teno en cuenta!¡ Estas visitas grupais teñen unha planificación e organización específica!
Persoas con discapacidade: a súa entrada é gratuita. Contacta con nós previamente á reserva para poder indicarche como realizar a reserva desa persoa para evitar o cobro da súa entrada.
3. RECDIBIMOS GRUPOS TODO O ANO AGÁS EN OUTUBRO
No mes de outubro, cada ano, festexamos o Samaín na nosa granxa, pero lamentablemente non temos opción para grupos. Únicamente podes conseguir as túas entradas de Samaín reservando nas ecovisitas particulares ou tamén conseguir entradas gratuítas nos nosos packs de iogures, mira o seu interior! Pasarémolo de medo!
Bota un ollo ás condicións de compra para as nosas visitas grupais.
4. ECOVISITAS PARA GRUPOS DE MÁIS DE 25 PERSOAS
As nosas visitas grupais son para máximo 25 persoas. Pero, puntualmente podemos recibir grupos máis numerosos, ata un máximo de 50 persoas que dividiremos en dous grupos de 25 persoas para realizar o percorrido guiado. Se desexas esta opción ponte en contacto previamente á apertura das reservas grupais a través do noso Email ou teléfono para informarte das datas dispoñibles para estes grupos máis numerosos e as condicións.
Se aínda tes dúbidas ou sodes máis de 25 persoas, escríbenos a ecovisitas@casagrandexanceda.com e darémosche resposta o antes posible.
