Quedamos en Xanceda?

Ecovisitas de Centros Educativos. Curso 2026 -27

...
Visitas escolares
Educación Primaria 2026/27
Próxima apertura de reservas:
...
Xoves, 25 de marzo 2027 ás 12:00h.
para ecovisitas Educación Infantil
Visitas destinadas a Centros Educativos

Na casa grande de Xanceda ofrecemos ecovisitas educativas moOoi especiais para alumnado de todas as idades, desde Educación Primaria ata estudos universitarios. 

Cada visita adáptase ao nivel, aos coñecementos previos e aos obxectivos de cada grupo, porque non é o mesmo descubrir a granxa por primeira vez que afondar en como funciona unha explotación ecolóxica en activo. Así conseguimos que a experiencia sexa didáctica, enriquecedora e moi participativa. 

Durante a visita combinamos explicacións sinxelas, observación directa e actividades prácticas, sempre cun obxectivo claro: aprender gozando, en contacto coa contorna rural e respectando o ritmo e o benestar dos nosos animais.

Ao longo do percorrido traballamos conceptos como:

  • Como funciona unha granxa ecolóxica por dentro
  • O coidado e o benestar animal
  • A orixe real dos alimentos ecolóxicos
  • A sustentabilidade, o respecto polo medio ambiente e o consumo responsable

 

Gustaríache organizar unha visita educativa para o teu alumnado o vindeiro curso? Busca o tipo de visita que encaixa mellor co teu alumnado e comproba dispoñibilidade: 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • Ecovisita Peque Granxa (2 h) - Dispoñible durante o mes de xuño - Entrada 8 €/alumno
  •  Próxima apertura reservas 25 de marzo 2027.

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • Ecovisita Granxa Escola curta (2,5 h) - Dispoñible abril - Entrada 8 €/alumno
  • Ecovisita Granxa Escola longa (4 h) - Dispoñible maio e xuño- Entrada 10,50 €/alumno
  • Ecovisitas para 2027 completas!

EDUCACIÓN SECUNDARIA

  • Ecovisita Aula Rural (2 h) - Consultar dispoñibilidade escribindo a ecovisitas@casagrandexanceda.com

BACHARELATO / FORMACIÓN PROFESIONAL / UNIVERSIDADE

  • Ecovisita Profesional (1,5h) - Consultar dispoñibilidade escribindo a ecovisitas@casagrandexanceda.com
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
ecovisitas@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital