09 de Novembro de 2018
Expourense outorga os premio Líderes en Calidad, recibimos o premio na categoría de alimentación.
Estamos mooOooi felices por recoller o premio “Líderes en Calidad” na categoría de alimentación de Expourense.
O día 8 de Novembro, recolliamos o premio Líderes en Calidad da organización Expourense, na categoría de alimentación, ¡un logro alcanzado entre todo o equipo da Casa Grande de Xanceda é un verdadeiro orgullo!. A calidade sempre foi unha preocupación para nos, e coidámola en todos os aspectos da empresa.

Os nosos compañeiros Nuria Garaboa, xefa de calidade, Carmen Valiño, xefa de produción e Guillermo Martinez, recolleron o premio en Ourense de “Líderes de Calidad”, no nome da Casa Grande de Xanceda.
Enviamos tamén as felicitacións a todos os demais gañadores:
¿Que entendemos nos por calidade? ¡Agora cho contamos!
Os 4 aspectos fundamentais da calidade en Casa Grande de Xanceda
Aquí é onde empeza todo, as nosas vacas son o mais importante para nos e a súa felicidade é primordial. Por iso saen a pastar 360 días o ano (se queres saber porque 360 días, estate atento o noso blog!), dan a metade de leite, viven o dobre de anos e a súa alimentación é unicamente ecolóxica. Gracias a 2 burros e 6 cans, poden pastar e durmir nos prados ¡con total seguridade!.
A calidade de vida das nosas vacas
O que NON leva: colorantes, conservantes, leite en po, natas engadidas etc. ¡nada que poida prexudicar a túa saúde!
Ademais o proceso de elaboración é levado a cabo por expertos iogurteiros que coidan de cada paso y da calidade do proceso de elaboración, tal y como avala o selo de calidade e produción da IFS.
Decidimos que a nosa leite de alta calidade, non sería estragada con ningún tipo de conservante, colorante, o leite en po. So usamos o leite de vacas que saen a pastar todos os días e coidamos de todo o ciclo: ¡dende o prado ata a neveira!.
A calidade na elaboración do produto final
A calidade do iogur ecolóxico reflectase no que si leva, pero tamén no que non leva:
Encántanos coñecer as opinións dos nosos clientes e seguidores, por iso, respondemos a toOOoodos os correos e comentarios, en un breve espazo de tempo entre 12 e 24 horas, nos días laborables.
Tamén nos gusta escoitar as demandas que nos propós, ¡así que se tes algún comentario ou suxestión non deixes de escribirnos a info@casagrandexanceda.com! Nun prazo máximo de 24h recibirás una resposta.

A calidade en servizo e atención o cliente e o consumidor final
Encántanos coñecer as opinións dos nosos clientes e seguidores, por iso, respondemos a toOOoodos os correos e comentarios, nun breve espazo de tempo, entre 12 e 24 horas, nos días laborais.
Tamén nos gusta escoitar as demandas que nos propoñedes, ¡así que se tes algún comentario ou suxestión non deixes de escribirnos a info@casagrandexanceda.com ! En nun prazo máximo de 24h recibirás unha resposta.
A calidade no coidado do entorno e as persoas
O noso maior orgullo e o noso equipo ¡xa somos 45 aventureiros!. O 80% viven a menos de 20 min da granxa no entorno rural, e un 60% son mulleres. Facemos contratos de calidade con contratos indefinidos (menos substitucións ou de formación), e coidamos da formación do equipo mediante amplos plans de formación e comunicación interna. Crear emprego no medio do campo galego e no rural ¡é unha das maiores satisfaccións que logramos como organización!
E por suposto, coidamos do entorno. Contamos con mais de 50 casas para aves e insectos que nos axudan a conservación da biodiversidade, e conservamos 200 hectáreas de pastos e bosques ecolóxicos: libres de pesticidas, herbicidas e fertilizantes químicos. Esta preocupación chega o noso envase que é totalmente reciclable utilizando a mínima cantidade de plástico posible.
Os selos de calidade oficiais que avalan a calidade:
IFS
IFS é un certificado que asegura que os procesos de elaboración do noso taller de iogur son os adecuados en canto a seguridade alimentaria, boas prácticas de fabricación e control de perigos alimentarios (xeral, específico e control de alérxenos).
Este selo non o encontrarás no envase dos nosos produtos, pero está vixente en todo o proceso de elaboración do produto. ¡Porque a pesar de sexamos un pequeno produtor non impide que cumpramos cons estándares de calidade de produción adecuados!.
CRAEGA
O CRAEGA é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. E a organización responsable de certificar e velar que se cumpran os requisitos e estándares da agricultura ecolóxica seguindo as directrices europeas en Galicia.
Esta organización certifica tanto dende o prado, como o leite e o produto final son ecolóxicos, e ríxense pola normativa ecolóxica europea. Ademais avalan o orixe do produto, xa que é unha organización que traballa en territorio galego
O selo europeo de agricultura ecolóxica (o da folliña verde) acompaña sempre o do CRAEGA, e a garantía de que un produto que cumpre coas normas europeas e ademais e un selo recoñecible en Europa para os produtos ecolóxicos.
Así celebramos o premio de Líderes en Calidad
Con calcetíns de vaca e saltando, celebramos entre todo o equipo este premio de calidade, ou como o chamamos noso: Calidade Calidade Calidade.


