18 de Agosto de 2026
Un cruce para unha mellor vida na granxaO equipo de Granxa apostou por cruzar a algunhas das nosas Frisonas coa raza Jersey
O noso equipo de granxa leva desde 1968 coidando vacas muUuy felices, pero iso non significa que deixen de facerse preguntas. Preguntas como: podemos seguir mellorando o benestar das nosas vacas? Podemos obter un leite aínda mellor para elaborar os nosos iogures? Podemos conseguir que as nosas vacas estean cada vez máis adaptadas a un sistema de pastoreo como o noso?
Todas esas preguntas leváronnos a unha mesma resposta: cruzar as nosas Frisonas coa raza Jersey.

? ?? ?
Que é unha vaca Jersey?
As Jersey son máis pequenas cas nosas Frisonas, teñen unha característica cor marrón e uns ollos enormes, tipo Bambi, que namoran a calquera.
Pero non as escollemos por guapas! Aquí van algunhas das razóns:
Non queremos substituír as nosas Frisonas por Jersey, senón combinar o mellor de ambas! O obxectivo é ter vacas que xunten un leite de gran calidade con rusticidade e un físico cada vez máis adaptado á vida na granxa, para aumentar a súa lonxevidade.
No equipo de Granxa téñeno claro: a gandaría ecolóxica tamén evoluciona. E faino tomando decisións que melloran a vida dos animais e a calidade dos alimentos que producimos. E iso encaixa moi ben coa filosofía de Felipe e Victoria, os nosos fundadores: que hai unha maneira mellor e máis responsable de producir no rural.
Así que, a partir de agora, cando nos visites, se no noso rabaño ves vacas un pouco máis baixas ca as Frisonas, de cor avermellada e con manchas peculiares, estarás diante dun combo perfecto de Frisona e Jersey.
Importante: non as confundas coas Frisonas vermellas. Estas son 100 % Frisonas, só que as súas manchas, no canto de negras, son vermellas. Isto débese a que o factor vermello é recesivo, polo que nacen moi poucas así. Son coma as persoas rubias!????
E é unha mágoa que sexan tan pouco frecuentes, porque as manchas vermellas repelen mellor a radiación solar que as negras.
Nesta foto podes ver perfectamente a diferenza entre unha Frisona vermella e un cruce de Frisona con Jersey.

