Un ceviche con iogur con cítricos, por Pilar Rodríguez

03 de Setembro de 2021

Fonte do Picho é o restaurante de Pazo de Santa María, en Arzúa
Pilar Rodríguez prepara un ceviche de vieira con mango, aguacate, tomate e cebola e acompáñao do iogur grego con cítricos de Casa Grande de Xanceda
Vacachefs é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda para impulsar a hostalería galega, un sector moOoi golpeado pola pandemia. Retamos a varios chefs galegos a elaborar muUuliciosas receitas cos nosos produtos.

Fonte do Picho, o restaurante dun pazo do s. XVIII

Facemos a nosa seguinte parada en Fonte do Picho, o restaurante do Pazo de Santa María, en Arzúa. A chef que atende os fogóns, Pilar Rodríguez, acepta o noso reto e prepara un ceviche de vieira co noso iogur grego con crítricos. 


Anotaches? Se non o fixeches non te preocupes, aquí o tes!

Ingredientes: 

Para o marinado da vieira:
  • 200gr de sal
  • 100gr de azucre
  • 10gr de xenxibre raiado
  • O zume de 2 limas

Para o ceviche:
  • 1 lima
  • 1/2 cebola morada 
  • 1 tomate ou medio se é grande
  • 1/2 aguacate
  • 1/2 mango
  • 2 vieiras pequenas ou unha grande
  • 1 iogur grego con cítricos de Casa Grande de Xanceda (pode ser o de 400gr ou o desnatado)

Elaboración:

  • Mesturamos todos os ingredientes do marinado e fundimos as vieiras, ás que lles limpamos o coral. 
  • Temos as vieiras no marinado 10 minutos.
  • Mentres se marinan, picamos o 1/2 mango en brunoise (dados duns 2 milímetros de lado). Repetimos a operación co aguacate, o tomate e a cebola.
  • Engadimos todo a unha fonte
  • Engadimos zume de lima e poñemos un toque de pementa negra e escamas de sal

Emplatado:

  • Sacamos a vieira do marinado, lavámola nun bol con auga fresca e laminámola.
  • Colocamos enriba dos dados en brunoise
  • Engadir, ao redor, a modo de salsa, o iogur con cítricos de Casa Grande de Xanceda.
  • Opcional: Decorar con cebola previamente posta en vinagre de arroz e con guacamole e rabanitos, de xeito que quede similar á foto inferior. 

 

 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital