Pandeirada no prado: unha homenaxe ás cantareiras

13 de Maio de 2025


Letras Galegas 2025


Nun prado, cun público excelente e sobre un palco de pacas: así interpretaron as pandeireteiras e bailadoras do Concello de Mesía a MuUuiñeira de Mesía. Unha Pandeirada no Prado para conmemorar as Letras Galegas 2025 ao máis puro estilo granxeiro!

Esta homenaxe ás cantareiras, en colaboración co Concello de Mesía, pretende visibilizar e celebrar que a nosa poesía oral chegou ata un grupo de mozas adolescentes, que cantan con orgullo desde o rural. Algo que sería imposible sen esas mulleres rurais e irreductibles que a mantiveron e transmitiron un mundo, unha cultura e unhas tradicións. 


 

Unha pandeireta con moOoito estilo

Hai poucas cousas que simbolicen máis a tradición rural como unha pandeireta con manchas de vaca, por iso, para esta ocasión tan especial, deseñamos unha edición exclusiva da pandeireta  en colaboración co artesán "Sanín". Un deseño único que integra tradición e a modernidade. Se queres a túa, vai correndo ás nosas redes sociais! O 17 de maio realizaremos un sorteo de pandeiretas como as do vídeo.  




Unha muUuiñeira recollida no Museo do Pobo

A Muiñeira de Mesía está recollida polo fillo predilecto do concello, Baldomero Iglesias, "Mero", e forma parte do cancioneiro recollido no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego que conta con 13.404 coplas recollidas na contorna de Mesía por Baldomero. 

Podes ler aquí a peza completa: 

A parroquia de Xanceda
de lonxe parece vila 
ten un caravel na entrada 
e unha rosa na saída
 
A raíz do toxo verde 
é moi mala de olvidar
os amoriños primeiros 
son moi malos de olvidar
 
O amor da costureira
era papel e mollouse 
aghora costureiriña 
o meu amor acabouse
 
Eu aquí non canto máis
que eu aquí nunca cantei
por ser a primeira vez

non sei como salirei

En Casa Grande de Xanceda traballamos diariamente por poñer en valor a figura das mulleres rurais polo aporte que fixeron e fan á sociedade galega. 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital