16 de Abril de 2020
1 lametazo = 1€ en comida para protectoras

1. Publica unha foto en Instagram do teu peludo (permitimos tamén humanos ou calquera tipo de ser vivente) dando un bo lametazo a un dos nosos iogures ou outro dos nosos produtos ecolóxicos.

2. Inclúe o hashtag #lametazoscontraelabandono no texto da túa publicación.

3. Por cada foto donaremos 1€ en comida a dúas protectoras de animais.


Os 2000€ en comida foron doados a estas dúas protectoras para axudar ao incansable traballo que realizan coidando aos animais cando máis o precisan:


PROTECTORA MOURA
É unha entidade sen ánimo de lucro, que se dedica a recoller animais en situación de abandono, desamparo ou malos tratos, tratando de darlles unha vida digna e de atopar persoas comprometidas que lles ofrezan un fogar responsable e onde ser felices.
Barbanza (A Coruña)

PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO
É unha asociación sen ánimo de lucro coa finalidade primordial da defensa e protección dos animais mediante a recollida de cans abandonados, promover o seu defensa mediante campañas de concienciación, divulgación, e a xestión do noso refuxio.
Moaña (Pontevedra)
Esta é unha iniciativa de Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda
