27 de Xuño de 2022
Fixácheste se os produtos que mercas levan esta folla branca de estrelas sobre o fondo verde? Pois deberías sabelo! Contámosche o por qué!O selo de produción ecolóxica da Unión Europea servenos para saber que produtos son verdadeiramente ecolóxicos e cales non, por iso é suUuper importante
Este selo serve para indicarnos que un produto está vinculado ás normativas europeas de produción ecolóxica. Isto quere dicir que calquera produto que posúa a folla coas estrelas, cumpriría unha serie de requisitos que o noso Consello de Vacas resumiu para ti.
Antes de nada empecemos por unha ameaza ao ecológico: o greenwashing. Que que é isto? Pois tinguir de verde, de sostibles, produtos de compañías que non o son ou que son todo o contrario! E como o fan? Pois con selos privados do estilo "ecofriendly" "agricultura familiar", etc. E por que o fan? Porque, cada vez máis, queremos saber como son os proxectos dos produtos que consumimos. O greenwashing aprovéitase desta tendencia para enganarnos. Por suposto, non cumpren os requisitos que pide a UE para conceder o selo ecolóxico.
No noso caso, que somos unha granxa láctea ecolóxica, a normativa europea de produción ecolóxica esíxenos:
- Unha hectárea por cada dúas vacas (isto significa que cada unha das nosas vacas ten un campo de fútbol para ela soa)
- Todos os nosos prados e toda a alimentación que tomen as nosas vacas ten que ser cultivda sen o uso de pesticidas ou calquera tipo de produto químico.
- As vacas ecolóxicas non poden vivir estabuladas e teñen que saír a pastar (no noso caso saen 360 días ao ano. E que pasa cos outros 5? Pois nolos reservamos para fenómenos meteorolóxicos adversos). Queres descubrir máis sobre a rutina das nosas raíñas? Podes facelo aquí.
En casa Grande de Xanceda temos a filosofía de traballar coa natureza. Temos 200 hectáreas de leira ecolóxica con prados, humidais e bosques que conforman unha paisaxe galega agraria clásica.
En casa Grande de Xanceda sempre fomos moOoi esixentes con nós mesmos. O pastoreo e a produción ecolóxica axudan á contorna para manterse o máis biodiverso posible. Polo que dentro de cada un dos nosos envases vai moito máis que iogur, leite ou xeado, dentro deles atópase unha contorna fortalecida e en constante crecemento, que axuda a todo ser vivente que nela resida a vivir da mellor forma posible.
Isto conseguímolo retornando parte dos nosos beneficios á contorna, axudando aos animais que residen na nosa granxa para vivir moOoi felices, de forma que nós axudámoslles a eles e eles a nós. Por exemplo, as nosas abellas, que nos axudan a polinizar os campos, os moitísimos paxaros que tamén nos axudan nas nosas labores diarias, controlando pragas de forma natural, permitiendonos ter cultivos propios cos que alimentar ao noso gando ou o resto de animaliños que viven nos nosos prados e arboledas. Á fin e ao cabo, se un ecosistema regúlase só, nós temos menos traballo!
E isto non o dicimos nós, dio o selo ecolóxico! e tamén a Xunta. Estamos suUuper contentos porque a administración galega declarou 75 das nosas hectáreas Espazo Natural Protexido. Nas Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro fíxose un estudo sobre a biodiversidade e, sabes que? que o Grupo Hábitat afirma que a biodiversidade veríase enormemente prexudicada sen a actividade gandeira ecolóxica que levamos a cabo. Así que só nos queda dicir: moOoitas grazas, vacas! estades en todo!
En casa Grande de Xanceda esforzámonos moito para que os nosos iogures sexan dignos de ter o selo da UE de produción ecolóxica, así como os recoñecementos como o EPIN, que nos indican que estamos a facer as cousas ben.
En conclusión: moOoito ollo ao selo!! di máis do que crías!
