La cocina sentimental

15 de Abril de 2024


Unha obra inédita da nosa fundadora

Cociña e literatura: a maridaxe perfecta!

Acabamos de presentar "La cocina sentimental", unha obra inédita da fundadora de Casa Grande de Xanceda, Victoria Armesto. Nas súas páxinas une literatura e cociña, dúas das súas grandes paixóns.


Victoria Armesto, coñecida como "Totora" foi unha figura moOoi relevante no mundo cultural e político galego. Esta obra contén unha parte máis persoal na que aparella receitas a relatos curtos que a inspiraron na súa elaboración. 

O fillo e os netos de Victoria editaron este libro con moOoito cariño para conservar o legado da súa avoa que, probrablemente, escribiu "La cocina sentimental" no seu retiro rural en Casa Grande de Xanceda.

Cada maestrillo ten o seu librillo

O reicetario de Victoria Armesto componse de tres partes "La cocina sentimental", "41 Recetas a vuelapluma" e "Cuaderno de apuntes de cocina". A primeira parte son historias que inspiraron algunhas das súas receitas, a segunda receitas simples que os seus descendentes rescataron de notas, como tickets e panos de papel, e a terceira, o que posiblemente foi o seu primeiro caderno de cociña. Esta última parte foi atopada polo historiador Ángel Arcay no arquivo persoal da autora na Fundación Barrié.

Un receitario que inspira a verdadeiros Vacachefs

"La cocina sentimental" inspirou aos chefs do Restaurante Eclectic que adaptan, no libro algunhas das receitas de Victoria e que, ademais, ¡dedican o seu Menú Degustación 2024 a Victoria Armesto! Así, basan os seus platos nestas historias e receitas con dúas muUuliciosas opcións: o Menú Victoria e o Menú Totora. Atréveste a probalo?

Podes conseguir un exemplar na nosa tenda física, na tenda online ou no restaurante Eclectic. 

Así reinterpretaron os chefs do Eclectic as receitas de Totora

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital