Cookies con xeado de iogur con arandos

29 de Novembro de 2021

Unha suÚuper receita ideal para os amantes do chocolate e o xeado
O Fogar do Santiso comparte diversos valores con Casa Grande de Xanceda. Nesta receita o seu chef usa a nosa mantequilla e o xeado de iogur con arandos
Vacachefs continúa o seu tour e desta vez chega cunha receita ideal para este Nadal: cookies tenras con xeado de iogur con arandos.

O encargado de elaborar esta receita é Manolo Agrafojo, un dos chefs de Fogar do Santiso. Fogar do Santisoten a filosofía de 0 residuo de alimentos e da ecoloxía. Por iso, para esta receita, usan pan do día anterior.
 

Ingredientes:

Elaboración: 

  • Antes de empezar, sacar a mantequilla do frigorífico sobre una hora.
  • Cortar os 250gr de pan e trituralos cunha batedora ou un robot.
  • Poñer nun bol 4 ovos con 125gr. de azucre e mesturar todo cun batedor.
  • Deixamos a mantequilla con textura pomada atemperándoa e traballándoa coas nosas propias mans.
  • Engadimos a mantequilla en textura de pomada á mestura de ovos e azucre e mesturamos todo.
  • Mentres, preparamos un recipiente en baño María para fundir o chocolate. Ramovémolo para que no pegue.
  • Unha vez fundido, incorporámolo á mestura anterior de mantequilla, ovos e azucre e mesturamos ben.
  • Collemos o pan previamente triturado e incorporámolo á masa. Mesturamos ben.
  • Vertemos a masa nunha bandexa adecuada e deixámola arrefriar unhas dúas horas para que colla consistencia.
  • Unha vez que a masa arrefriou, ponse papel de forno nunha fonte de forno e fanse as bolas con dúas culleres que se irán mollando en auga quente para que non peguen a masa. 
  • Forneamos durante 10 minutos a unha temperatura de 190/200º
  • Partimos unha cookie coas mans en anacos nun plato de presentación e usámolo como base para poñer unha bóla do xeado de yogur con arandos de Casa Grande de Xanceda.
  • Coronamos o xeado con máis migas de cookie. 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital