Álvaro Villasante converte kéfir en xeado

05 de Agosto de 2021

O restaurante Paprica aposta pola proximidade e o eco
O chef de Paprica, Álvaro Villasante, ensínache como transformar o noso kéfir nun xeado e facerlle unha presentación impresionante
Vacachefs é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda para impulsar a hostalería galega, un sector  moOoi golpeado pola pandemia. Retamos a varios chefs galegos a elaborar muUuliciosas receitas cos nosos produtos.

Paprica: a aposta pola proximidade e o ecolóxico

Chegamos a  Paprica, no corazón do centro histórico de Lugo. O seu chef, Álvaro Villasante cóntache, de maneira  suÚuper fácil, como transformar o noso  kéfir natural en iogur coa axuda do noso queixo  cremoso. Nesta receita tamén usa a nosa manteiga artesanal e o noso leite pasteurizado.


Non apuntaches como facelo? Nós fixémolo por ti!

Ingredientes

Ingredientes para o xeado:
500 gr kéfir natural de Casa Grande de Xanceda
120 gr de queixo crema de Casa Grande de Xanceda
80 gr de leite pasteurizado de Casa Grande de Xanceda
50 gr de nata ou leite de avea texturizada
100 gr de azucre glass

Ingredientes para o almíbar:
20 ou 25 gr de froitos vermellos
20 gr de auga
20 gr de  panela
Ingredientes para a terra ou areas de café:
58 gr de manteiga de Casa Grande de Xanceda
100 gr de  panela
50 gr de café moído
100 gr de fariña
1 gr de sal

Elaboración

Mesturar nun  bol o leite, o queixo crema e o  kéfir, engadir a nata e o azucre e mesturar todo ben coa axuda dunha batedora. 
Témolo no conxelador entre 4 e 6 horas removéndoo cada 40 minutos
Mentres, aproveitamos para facer o #caldo# de azucre. Mesturamos a auga co azucre nun cazo, engadímoslle un poliña de  canela e poñémolo ao lume ata que se disolva a  panela e deixamos arrefriar.
Pasamos o caldo de azucre a un  bol e engadimos os froitos vermellos cortados. Deixámolo na neveira 24 horas.
Elaboramos as areas mesturando  panela, manteiga, café moído e a fariña. Se tes un robot de cociña, mestúrao  aí, pola contra,  amásalo a man. 
Mete a mestura ao forno durante 15 minutos a 165º

Presentación

Coa o caldo de azucre e reserva froitos vermellos e ramas de  canela para a decoración
Usa un prato bonito e algo fondo. Pon no fondo unha cama de froitos vermellos. Coloca encima unha bóla do xeado. Ponlle á bóla unha poliña de  canela. Desfai area de café ao redor e... listo!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital