3...2...1... Chega a Xan Silvestre!

01 de Decembro de 2025


En Casa Grande de Xanceda convidámoste á carreira máis silvestre
Atención, familias runners, valentes e amantes do campo! Este nadal, en Casa Grande de Xanceda traémosvos  un plan único e 100% rural: a Xan Silvestre 2025. Apunta ben: 27 e 28 de decembro na nosa granxa. Trae botas, roupa de auga e ganas de pasalo do melloriño!
Unha carreira autenticamente granxeira. Aquí manda o barro, as vacas e un Grinch moOoi traste disposto a poñercho un pouco difícil. 
 

Consegue a túa entrada para a Cowrace máis rural!

Os nosos iogures esconden packs de 4 entradas para esta experiencia tan silvestre.
Queres a túa? É mooOoi sinxenlo: 
1. Merca un Junior de culler.
2. Escanea o QR.
3. Introduce o código que atoparás no interior do agrupador do iogur, cruza dedos e ao instante saberás se ganaches.
Así de simple. Así de rápido. Así de Casa Grande de Xanceda.
 

Obstáculos para toda a familia

A Xan Silvestre é unha carreira pensada para disfrutar con peques, maiores e vacas espectadoras. Queres saber que che espera?
- Charcos monumentais.
- Prado natural y moOoi resbaladizo.
- Obstáculos 100% granxa.
- O temible Grinch.
- Unha decoración que xa quixera Vigo!
- Risas, resbalóns e pura adrenalina. 
- Moitas sorpresas máis!

Así de precioOoso te encontrarás todo:

 
 

Vémonos o 27 e 28 de decembro na granxa! 

Ponte as botas, trae roupa de auga e prepárate para rematar o ano entre vacas, barro e risas. Porque na Xan Silvestre, a diversión é natural. 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital