
Pódese dicir que esta foi unha das edicións máis especiais da
Feira MAGRECO de Boimorto, imaxinas o por qué? Siiiii, inauguramos un
novo Paso de Vaca!!
Este ano homenaxeouse, pero ben, o papel dos gandeiros, as vacas e os agricultores. Porque todos sabemos que, sen eles, o rural non se mantería con tanta vida. MoOoitas grazas!
Este pobo é macanuUudo!
Xa sabedes o moOoito que nos gustan os acontecementos rodeados de persoas que colaboran coas iniciativas de compromiso polo rural. E disto fomos testemuñas en Boimorto, o noso concello veciño.
O noso compi Guillermo tivo a oportunidade de coller a palabra no acto de inauguración da feira para agradecer que, cada vez máis, o Paso de Vaca teñao seu sitio en cada recuncho de Galicia.
Un pobo con moOoita vida
Nós tamén nos demos conta de que o nome é curioso e controversal, tendo en conta que, Boimorto, é un dos concellos máis ricos en canto á súa labor agraria. Cunha poboación de
1.849 habitantes e
13 parroquias,
conta con 180 granxas! E ainda que este dato xa nos impresiona, o feito de que toquen a 2 vacas por veciño é incríble. Que sí! Liches ben.
En Boimorto hai o dobre de vacas que de persoas, qué pasada!!!

Agora tócavos estar moOoi atentos porque, e se o teu pobo é o seguinte en cruzar sobre o Paso de Vaca?