PASO!! Imos aló

27 de Marzo de 2024


Inauguramos novo Paso de Vaca en Boimorto!

Pódese dicir que esta foi unha das edicións máis especiais da Feira MAGRECO de Boimorto, imaxinas o por qué? Siiiii, inauguramos un novo Paso de Vaca!!

Este ano homenaxeouse, pero ben, o papel dos gandeiros, as vacas e os agricultores. Porque todos sabemos que, sen eles, o rural non se mantería con tanta vida. MoOoitas grazas!
 

Este pobo é macanuUudo!

Xa sabedes o moOoito que nos gustan os acontecementos rodeados de persoas que colaboran coas iniciativas de compromiso polo rural. E disto fomos testemuñas en Boimorto, o noso concello veciño.

O noso compi Guillermo tivo a oportunidade de coller a palabra no acto de inauguración da feira para agradecer que, cada vez máis, o Paso de Vaca teñao seu sitio en cada recuncho de Galicia. 

Un pobo con moOoita vida

Nós tamén nos demos conta de que o nome é curioso e controversal, tendo en conta que, Boimorto, é un dos concellos máis ricos en canto á súa labor agraria. Cunha poboación de 1.849 habitantes e 13 parroquias, conta con 180 granxas! E ainda que este dato xa nos impresiona, o feito de que toquen a 2 vacas por veciño é incríble. Que sí! Liches ben. En Boimorto hai o dobre de vacas que de persoas, qué pasada!!!

Agora tócavos estar moOoi atentos porque, e se o teu pobo é o seguinte en cruzar sobre o Paso de Vaca?

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital