Xanceda, aa aldea onde se ubica a nosa granxa, é a capital do Concello de Mesía.
O noso concello é moOoi top pero agora aínda máis xa que conseguiu a distinción de Mellor Pobo Agrario de Galicia.
No rural, todo
En Mesía hai 2500 habitantes e
case 8000 vacas! E as nosas amigas e a agricultura axúdannos a fixar poboación e, además,
garántennos que podemos consumir alimentos de moOoita calidade e proximidade. Que sería de nós sen un sector primario vivo e produtivo?
O noso gran de area (ou de herba)
Recentemente a administración galega concedeu o Espazo Natural Protexido a 75 hectáreas nas que se asenta a nosa granxa. O que di o informe técnico é que xuntan moOoitas características singulares de biodiversidade que hai que protexer.
Así, as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro son o primeiro Espazo Privado de Interese Natural da provincia da Coruña! E en Mesía!, onde ía ser?
Ademais, temos programas de responsabilidade social locais como Celébrao con Leite ou Nin Unha Familia Sen Lácteos. Mesía merécese iso e máis!
Un patrimonio de moOito nivel
O concello de Mesía forma parte da Rede Natura, normal!:
está cheo de bosques, ríos e fauna autóctona. Tamén ten patrimonio histórico como o castro de Xanceda no que se atopou un gran tesouro con varios torques que, actualmente, están no Museo Arqueolóxico da Coruña. Paseando tamén poderás chegar ata o castelo do século XIV, cunha estrutura aínda moi ben definida.
En conclusión:
Mesía é un suUuper exemplo de modernización do sector agrogandeiro. Pero, iso si, precisamos a terra para este tipo de usos, por iso non nos gustaría que a utilizasen para a colocación doutro tipo de infraestruturas.
VIVA MESÍA, VIVA A SÚA VECIÑANZA E VIVA O RURAL!