Viva Mesía e viva o rural!

14 de Xullo de 2022

Mesía é o concello onde se ubica a nosa granxa e acaba de conseguir a distinción de Mellor Pobo Agrícola de Galicia
O rural mola e moito, imaxinas Galicia sen as nosas queridas vacas? Imposible!
Xanceda, aa aldea onde se ubica a nosa granxa, é a capital do Concello de Mesía. O noso concello é moOoi top pero agora aínda máis xa que conseguiu a distinción de Mellor Pobo Agrario de Galicia. 

No rural, todo

En Mesía hai 2500 habitantes e case 8000 vacas! E as nosas amigas e a agricultura axúdannos a fixar poboación e, además, garántennos que podemos consumir alimentos de moOoita calidade e proximidade. Que sería de nós sen un sector primario vivo e produtivo?

O noso gran de area (ou de herba)

Recentemente a administración galega concedeu o Espazo Natural Protexido a 75 hectáreas nas que se asenta a nosa granxa. O que di o informe técnico é que xuntan moOoitas características singulares de biodiversidade que hai que protexer. Así, as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro son o primeiro Espazo Privado de Interese Natural da provincia da Coruña! E en Mesía!, onde ía ser?


Ademais, temos programas de responsabilidade social locais como Celébrao con Leite ou Nin Unha Familia Sen Lácteos. Mesía merécese iso e máis!

Un patrimonio de moOito nivel

O concello de Mesía forma parte da Rede Natura, normal!: está cheo de bosques, ríos e fauna autóctona. Tamén ten patrimonio histórico como o castro de Xanceda no que se atopou un gran tesouro con varios torques que, actualmente, están no Museo Arqueolóxico da Coruña. Paseando tamén poderás chegar ata o castelo do século XIV, cunha estrutura aínda moi ben definida.


En conclusión: Mesía é un suUuper exemplo de modernización do sector agrogandeiro. Pero, iso si, precisamos a terra para este tipo de usos, por iso non nos gustaría que a utilizasen para a colocación doutro tipo de infraestruturas.

VIVA MESÍA, VIVA A SÚA VECIÑANZA E VIVA O RURAL!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital