Coa nosa receita de kéfir14, melocotón e froita da paixón
Chega a posta de longo dun novo produto: kéfir con melocotón e froita da paixón! Este lácteo con acento tropical vén para facer compaña ao resto dos nosos kéfires, súmase así a unha gama que non parou de darnos ledicias!
Que ten de especial o noso kéfir?
Pois que leva 14 cultivos vivos, nada máis e nada menos. Con esta receita, o produto conserva máis de 100.000 millóns de bacterias vivas moOoi boas para ti.
Estes fermentos son das familias Bifidubacterium, Lactobacillus, Lactococcus e Streptococcus que son claves para unha boa asimilación dos nutrientes. Ollo, que temos máis cousiñas que contarche!
O kéfir é moito!
MoOoi bo para a flora intestinal. Canta claro!: non sempre comes co tempo e o equilibrio que deberías e seguro que algún ultraprocesado cae. Co kéfir aportarás un reforzo ao que é o noso segundo cerebro: o estómago.
É un gran aliado do sistema inmunitario porque afortálao. Tamén é de gran axuda para a dixestión, xa que a fai mellor e máis rápida.
Unha suÚuper gama
Natural, con cítricos, con froitos do bosque.... e agora con melocotón e froita da paixón! Os nosos kéfires teñen dous formatos, de culler e bebible para que te decidas polo que mellor pinta che teña aínda que, contámosche un segredo: están todos boOoísimos! Ademais, son suaves, non pican e son suÚuper cremosos.