Temos novo kéfir ecolóxico!

22 de Decembro de 2023


Coa nosa receita de kéfir14, melocotón e froita da paixón
Chega a posta de longo dun novo produto: kéfir con melocotón e froita da paixón! Este lácteo con acento tropical vén para facer compaña ao resto dos nosos kéfires, súmase así a unha gama que non parou de darnos ledicias! 

 

Que ten de especial o noso kéfir?

Pois que leva 14 cultivos vivos, nada máis e nada menos. Con esta receita, o produto conserva máis de 100.000 millóns de bacterias vivas moOoi boas para ti. 

Estes fermentos son das familias Bifidubacterium, Lactobacillus, Lactococcus e Streptococcus que son claves para unha boa asimilación dos nutrientes. Ollo, que temos máis cousiñas que contarche!

O kéfir é moito!

MoOoi bo para a flora intestinal. Canta claro!: non sempre comes co tempo e o equilibrio que deberías e seguro que algún ultraprocesado cae. Co kéfir aportarás un reforzo ao que é o noso segundo cerebro: o estómago.

Nin fungos ni bacterias: o kéfir pode inhibir a proliferación de bacterias nocivas como a salmonella e a E.Coli. E non o dicimos nós! Afírmao un estudo da Biblioteca Nacional de Medicina de EEUU.

É un gran aliado do sistema inmunitario porque afortálao. Tamén é de gran axuda para a dixestión, xa que a fai mellor e máis rápida. 

Unha suÚuper gama 

Natural, con cítricos, con froitos do bosque.... e agora con melocotón e froita da paixón! Os nosos kéfires teñen dous formatos, de culler e bebible para que te decidas polo que mellor pinta che teña aínda que, contámosche un segredo: están todos boOoísimos! Ademais, son suaves, non pican e son suÚuper cremosos.

Descúbreos aquí!





 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital