Imos de feira a Arzúa e a Coruña!

01 de Marzo de 2023

Esta primeira finde de marzo, cita dobre para pasalo bruUutal!
Teremos stand na Festa do Queixo de Arzúa con degustacións, venda e sorteo e levaremos unha suÚuper sorpresa a Biocultura Coruña
Este fin de semana ¡non paramos! O venres xa estaremos co noso stand en Biocultura Coruña ata domingo. E tamén nos veremos sábado e domingo en Arzúa na 48 edición da Festa do Queixo.

Un sorpresón en Biocultura

No noso stand de Biocultura Coruña poderedes degustar os nosos produtos ou muUuxir á nosa vaca de prácticas pero é que, ademais, a Biocultura levamos un SOR PRE SÓN. Queres saber que é? Pois terás que ir ao noso stand comprobalo! 

Ademais, e só para asistentes a esta feria ecolóxica sortearemos entradas á nosa granxa. ¡Anímate a disfrutar da feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do Estado!

Queixear en Arzúa

A Arzúa imos directos a, como dicen eles, queixear. Que a onde? Pois á súa 48 edición da Festa do Queixo. Teremos o noso stand no recinto feiral con venda, degustacións e... un suÚuper sorteo para toOodas as persoas que quiten unha foto no noso Paso de Vaca e a suban a instagram etiquetándonos.

E é que si, Arzúa é, desde 2020, un dos nosos concellos Paso de Vaca. Así que, animámoste a que goces da festa e toOoda a súa programación: o pregón, os concertos, as degustacións, a animación a pe de rúa. Podes consultar todo o programa neste link.

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital