Este fin de semana ¡non paramos! O venres xa estaremos co noso stand en
Biocultura Coruña ata domingo. E tamén nos veremos sábado e domingo en Arzúa na 48 edición da Festa do Queixo.
Un sorpresón en Biocultura
No noso stand de
Biocultura Coruña poderedes degustar os nosos produtos ou muUuxir á nosa vaca de prácticas pero é que, ademais, a Biocultura levamos un SOR PRE SÓN. Queres saber que é? Pois terás que ir ao noso stand comprobalo!
Ademais, e só para asistentes a esta feria ecolóxica sortearemos entradas á nosa granxa. ¡Anímate a disfrutar da feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo máis grande do Estado!
Queixear en Arzúa
A Arzúa imos directos a, como dicen eles, queixear. Que a onde? Pois á súa 48 edición da Festa do Queixo. Teremos o noso stand no recinto feiral con venda, degustacións e... un suÚuper sorteo para toOodas as persoas que quiten unha foto no noso Paso de Vaca e a suban a instagram etiquetándonos.
E é que si, Arzúa é, desde 2020, un dos nosos concellos Paso de Vaca. Así que, animámoste a que goces da festa e toOoda a súa programación: o pregón, os concertos, as degustacións, a animación a pe de rúa. Podes consultar todo o programa
neste link.