26 de Marzo de 2020
Como construir a túa granxa de animais reciclando os nosos vasiños de iogurAgora que tes tempo aprovéitao, deixa voar a túa imaxinación e pon a túa creatividade a funcionar. Constrúe un porquiño, un coello ou unha abella conmateriais que tes na casa, vai a ser moi divertido! Ti mesmo poderás ampliar a familia de animais seguindo os pasos que che damos. Convértete nun auténtico granxeiro!
Antes de empezar:


Material necesario:
- 1 vasiño de iogur
- O cartón do noso vasiño
- Feltro amarelo ou similar
- Goma eva o cartolina de cor negra
- Goma eva o cartolina de cor branca
Como facelo:
1.- Coloca o cartón do vaso enriba do feltro a modo de padrón e recórtao

2.- Co vasiño fai un círculo e recorta de novo.

3.- Pega as dúas pezas ao vaso cubríndoo totalmente para facer o corpo de túa abella.

4.- Agora imos cas raias negras tan características deste insecto!. Coa axuda do cartón recortamos outro patrón sobre a goma eva ou cartolina negra. Fai 2 tiras, unha un poco máis ancha e outra máis estreita.

5.- Pega as dúas tiras negras ao corpo da abella, a máis ancha no borde do vaso e a máis estreita aproximadamente no medio que é onde lle vas a colocar os ollos.

6.- Xa casi está! Fai os ollos, as ás e as antenas.

7.- Pega os ollos, as ás e non esquezas as antenas!
Xa a tes!

Material necesario:
- 1 vasiño de iogur
- Goma eva ou cartolina de cor branca
- Goma eva ou cartolina de cor negra
- Un anaco de tea que che guste ou papel decorado (pode servir papel de regalo)
- 1 macarrón
- Pintura rosa

Como facelo:
1.- Pinta o macarrón de cor rosa e fai a forma da cariña de teu porquiño tomando o vaso como patrón para facer o círculo , logo recórtao.

2.- Truco para facer as orellas e o fociño: pinta 2 corazóns e recórtaos. As dúas puntiñas dos corazóns serán as orelliñas do teu porquño, a parte que queda do corazón será o fociño.

3.- Fai os ollos coa técnica que xa aprendiches na construcción da abella, con dúas moedas de 1 e 2 céntimos.
4.- Pega todas as pezas: ollos, as orellas e o fociño (cos seus puntiños negros) na cariña e pega a cariña ó vaso de iogur.

5.- Falta el rabiño que vai pegado xusto detrás. ;)

Parabéns! Seguro que che saiu un porquiño moOoi simpático!

Material necesario:
- 1 vasiño de iogur
- Goma eva ou cartolina de cor branca
- Goma eva ou cartolina de cor negra
- Un anaco de tea ou papel que che guste (pode ser papel de regalo)
- Dúas tesoiras que servirán para facer os patróns das patas e as orellas
- 1 pompón

Cómo facelo:
A forma de facer o coello é moi parecida á figura do porqiño, só que aquí temos que poñer orellas de coello, bigotes e… un simpático rabiño, que faremos cun pompón.
1.- Fai as orellas e as patiñas sobre a goma eva blanca ou cartolina. Non esquezas o truco das tesoiras que servirán de patrón neste caso para orellas e patiñas.

2.- Fai o nariz, os ollos e os bigotes.

3.- Pega todas as pezas no vasiño sin esquecerte o pompón que fará de coliña!

Material necesario:
-Vasiño de yogur
-Patrón (atópao aquí)
-Goma eva ou cartolina de cor laranxa
-Goma eva ou cartolina de cor negra
-Goma eva o cartolina de cor blanca
Como facelo:
1.- Recorta as pezas do patrón

Patrón
2.- Sobre a goma eva ou cartolina, axudándote das pezas do patrón debuxa e recorta, o rabo, a cariña, os bigotes, as orellas, o nariz e os ollos do teu raposo. (Para os bigotes podes utilizar pauciños se os pintas de negro)

3.- Unha vez que teñas todas as pezas, empeza a pegalas sobre o vasiño. Podes pegalas con silicona, pegamento ou cola, tal como ves nas fotos:

E xa está listo!
Depois de facer estes catro animais, xa te eres todo un experto!
Anímate a ampliar a familia de animales da túa granxa!
Encantaranos que as compartas con nós!
