Crea a túa propia granxa reutilizando vasos de iogur!

26 de Marzo de 2020

Como construir a túa granxa de animais reciclando os nosos vasiños de iogur

Agora que tes tempo aprovéitao, deixa voar a túa imaxinación e pon a túa creatividade a funcionar. Constrúe un porquiño, un coello ou unha abella conmateriais que tes na casa, vai a ser moi divertido! Ti mesmo poderás ampliar a familia de animais seguindo os pasos que che damos. Convértete nun auténtico granxeiro!

  • Cómo facer 4 animais de granxa reutilizando os vasiños de iogur

  • Ti mesmo seguindo os pasos que che damos poderás ampliar esa familia de animais.

  • A túa granxa convertirase nun divertido xogo que ademais poderás compartir con toda a familia!



    Antes de empezar:

  • Come moOoitos iogures para conseguir os vasiños que necesitas, ti podes!
  • Limpa moi ben os vasiños que logo reutilizaremos para facer os animais.
  • Quita o cartón aos vasiños, un para cada animal (seguro que xa sabes como se fai, tirando da pestana!) 

Fai unha abella, un coello, un porquiño ou un raposo cun vaso de iogur. Comezamos!
 

ABELLA
 

Material necesario:
- 1 vasiño de iogur
- O cartón do noso vasiño
- Feltro amarelo ou  similar
- Goma eva o cartolina de cor negra
- Goma eva o cartolina de cor branca

Como facelo:
1.- Coloca o cartón do vaso enriba do feltro a modo de padrón e recórtao

 


2.- Co vasiño fai un círculo e recorta de novo.
 

3.- Pega as dúas pezas ao  vaso cubríndoo totalmente para facer o corpo de túa abella. 
  

 

4.- Agora imos cas raias negras tan características deste insecto!. Coa axuda do cartón recortamos outro patrón sobre a goma eva ou cartolina negra. Fai 2 tiras, unha un poco máis ancha e outra máis estreita. 
 

5.- Pega as dúas tiras negras ao corpo da abella, a máis ancha no borde do vaso e a máis estreita aproximadamente no medio que é onde lle vas a colocar os ollos.  


6.- Xa casi está! Fai os ollos, as ás e as antenas.

  • Os ollos: podes facelos con 2 moedas de 2 e 1 céntimo como patrón 
  • Aa ás: podes axudarche coa tesoira tal com ves na foto
  • As antenas: moi fácil, recorta 2 tiras finiñas de goma eva ou cartolina negra. Tamén poden servir dous pauciños se os pintas de negro.

 


7.- Pega os ollos, as ás e non esquezas as antenas!

Xa a tes!
 

PORQUIÑO:


Material necesario:
- 1 vasiño de iogur
- Goma eva ou cartolina de cor branca
- Goma eva ou cartolina de cor negra
- Un anaco de tea que che guste ou papel decorado (pode servir papel de regalo)
- 1 macarrón
- Pintura rosa


Como facelo:
1.- Pinta o macarrón de  cor rosa e fai a forma da cariña de teu porquiño tomando o vaso como patrón para facer o círculo , logo recórtao. 

 

2.- Truco para facer as orellas e o fociño: pinta 2 corazóns e recórtaos. As dúas puntiñas dos corazóns serán as orelliñas do teu porquño, a parte que queda do corazón será o fociño.

 


3.- Fai os ollos coa técnica que xa aprendiches na construcción da abella, con dúas moedas de 1 e 2 céntimos.

4.- Pega todas as pezas: ollos, as orellas e o fociño (cos seus puntiños negros) na cariña e pega a cariña ó vaso de iogur.


5.- Falta el rabiño que vai pegado xusto detrás. ;)


Parabéns! Seguro que che saiu un porquiño moOoi simpático!
  

COELLO


Material necesario: 
- 1 vasiño de iogur
- Goma eva ou cartolina de cor branca
- Goma eva ou cartolina de cor negra
- Un anaco de tea ou papel que che guste (pode ser papel de regalo)
- Dúas tesoiras que servirán para facer os patróns das patas e as orellas
- 1 pompón 

Cómo facelo:
A forma de facer o coello é moi parecida á figura do porqiño, só que aquí temos que poñer orellas de coello, bigotes e… un simpático rabiño, que faremos cun pompón.

1.- Fai as orellas e as patiñas sobre a goma eva blanca ou cartolina. Non esquezas o truco das tesoiras que servirán de patrón neste caso para orellas e patiñas.

 


2.- Fai o nariz, os ollos e os bigotes.

  • Para os ollos de teu coello utiliza moedas de 20 e 10 céntimos como patrón. Ollo, aquí só necesitas facelo unha vez, simplemente tes que cortar a mitade para conseguir os dous ollos. Tal como ves na foto.
  • Os bigotes podes facelos recortando tiras de goma eva  ou cartolina branca ou bien pintar varios pauciños de branco.
  • O nariz, moi fácil, tomaremos outra moeda de 20 céntimos como patrón

3.- Pega todas as pezas no vasiño sin esquecerte o pompón que fará de coliña!


 

RAPOSO

Material necesario:
-Vasiño de yogur
-Patrón (atópao aquí)
-Goma eva ou cartolina de cor laranxa
-Goma eva ou cartolina de cor negra
-Goma eva o cartolina de cor blanca

Como facelo:
1.- Recorta as pezas do patrón


Patrón

2.- Sobre a goma eva ou  cartolina, axudándote das pezas do patrón debuxa e recorta, o rabo, a cariña, os bigotes, as orellas, o nariz e os ollos do teu raposo. (Para os bigotes podes utilizar pauciños se os pintas de negro)

  


3.- Unha vez que teñas todas as pezas, empeza a pegalas sobre o vasiño. Podes pegalas con silicona, pegamento ou cola, tal como ves nas fotos:

  • Pon vasiño boca abaixo, pega as orellas na parte superior
  • Pega a cariña (peza branca e as dúas pezas laraxa, o nariz, ollos e bigote) na parede do vasiño
  • Na parte posterior pega o rabo do raposo

   

E xa está listo!

 

Depois de facer estes catro animais, xa te eres todo un experto! 

Anímate a ampliar a familia de animales da túa granxa!
Encantaranos que as compartas con nós!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital