Desde Casa Grande de Xanceda creamos a campaña “
Las Patas Arriba”, co obxectivo de concienciar sobre a loita contra os malos tratos animais e doar 2000€ en comida a dúas protectoras de Galicia e
en menos dun mes conseguimos bater este obxectivo!
A participación foi masiva e Instagram encheuse de animais de diferentes especies coas patas para arriba e moitas mensaxes a favor dos dereitos dos animais.
O hashtag #laspatasarriba converteuse nun hashtag de reivindicación dos dereitos dos animais e axudou a alzar a voz por todos os animais que non poden facelo, denunciando inxustizas como os malos tratos animais, o abandono, animais encadeados ou usados en espectáculos entre outras.
Cans “influencer” que tamén levantaron as patas
A esta iniciativa solidaria uníronse máis de 2.000 persoas utilizando os seus perfís individuais de Instagram e tamén moitos cans!. Por suposto, tamén existen animais “ influencers” que quixeron unirse á revolución animal utilizando as súas contas de Instagram por exemplo, Marco (
@marcogalgo) ou Turbo e Koko (
@turbo_ greyhound), peludos que utilizan as súas contas de nstagram para contar a súa día a día e que son seguidos por miles de persoas. .
Tamén quixeron participar nesta iniciativa solidaria, e en nome das súas mascotas, influencers como @redwoodbird ou celebrities como o actor Jesús Olmedo , multiplicando así o alcance de #LasPatasArriba
Outros perfiles de animais que se fixeron eco da iniciativa #LasPatasArriba:
https://www.instagram.com/indiathejack/
https://www.instagram.com/suki_pet_life/
https://www.instagram.com/bala_bordercollie/
https://www.instagram.com/marcogalgo/
https://www.instagram.com/herrythedog/
Doazóns a dúas protectoras galegas
Ademais de concienciar sobre a loita contra o maltrato animal con 2.000 fotografías de animais patas arriba en Instagram
comprometémonos a doar 1€ en comida por cada unha desas imaxes ata reunir 2.000 euros. Estas doazóns foron para os peludos de
Patrulla Callejera e
Pro Animales Carballiño, asociacións que traballan desinteresadamente cada día para axudar aos animais que máis o necesitan.
Patrulla Callejera, unha asociación de Ourense formada por voluntarios, que se encargan de alimentar, tratar e mesmo castrar co seu propio diñeiro, xa que non reciben axuda das institucións, a gatos da rúa. Ademais de fomentar a adopción destes peludos. Se estás interesado en coñecelos ou axudarlles,
fai click aquí.
Pro animales Carballiño ten como misión a procura dun fogar para cans e gatos abandonados da canceira do Carballiño, defendendo os seus dereitos e fomentando a adopción destes peludos
¡Mira aquí se che interesa!