¡Conseguimos 2000 patas arriba contra o maltrato animal!

31 de Decembro de 2018

Por cada fotografía donamos 1€ en comida, ata 2.000 euros, a dúas protectoras de animais
A participación foi masiva e  Instagram encheuse de animais de diferentes especies coas patas para arriba e moitas mensaxes a favor dos dereitos dos animais.
Desde Casa Grande de Xanceda creamos a campaña “Las Patas Arriba”, co obxectivo de concienciar sobre a loita contra os malos tratos animais e doar 2000€ en comida a dúas protectoras de Galicia e en menos dun mes conseguimos bater este obxectivo!

A participación foi masiva e Instagram encheuse de animais de diferentes especies coas patas para arriba e moitas mensaxes a favor dos dereitos dos animais. O hashtag #laspatasarriba converteuse nun hashtag de reivindicación dos dereitos dos animais e axudou a alzar a voz por todos os animais que non poden facelo, denunciando inxustizas como os malos tratos animais, o abandono, animais encadeados ou usados en espectáculos entre outras.

Cans “influencer” que tamén levantaron as patas
A esta iniciativa solidaria uníronse máis de 2.000 persoas utilizando os seus perfís individuais de  Instagram e tamén moitos cans!.  Por suposto, tamén existen animais “ influencers” que quixeron unirse á revolución animal utilizando as súas contas de Instagram por exemplo, Marco (@marcogalgo) ou Turbo e  Koko (@turbo_ greyhound),  peludos que utilizan as súas contas de  nstagram para contar a súa día a día e que son seguidos por miles de persoas. .


Tamén quixeron participar nesta iniciativa solidaria, e en nome das súas mascotas,  influencers como @redwoodbird ou  celebrities como o actor Jesús Olmedo , multiplicando así o alcance de #LasPatasArriba

 

Outros perfiles de animais que se fixeron eco da iniciativa #LasPatasArriba:
https://www.instagram.com/indiathejack/
https://www.instagram.com/suki_pet_life/
https://www.instagram.com/bala_bordercollie/
https://www.instagram.com/marcogalgo/
https://www.instagram.com/herrythedog/

Doazóns a dúas protectoras galegas

Ademais de concienciar sobre a loita contra o maltrato animal con 2.000 fotografías de animais patas arriba en Instagram comprometémonos a doar 1€ en comida por cada unha desas imaxes ata reunir 2.000 euros. Estas doazóns foron para os peludos de Patrulla Callejera e Pro Animales Carballiño, asociacións que traballan desinteresadamente cada día para axudar aos animais que máis o necesitan.

Patrulla Callejera, unha asociación de Ourense formada por voluntarios, que se encargan de alimentar, tratar e mesmo castrar co seu propio diñeiro, xa que non reciben axuda das institucións, a gatos da rúa. Ademais de fomentar a adopción destes peludos. Se estás interesado en coñecelos ou axudarlles, fai click aquí.
 
    

Pro animales Carballiño ten como misión a procura dun fogar para cans e gatos abandonados da canceira do Carballiño, defendendo os seus dereitos e fomentando a adopción destes peludos ¡Mira aquí se che interesa!

   
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital