Burela xa ten o seu Paso de Vaca!

23 de Setembro de 2026

Súmase a outros xa instalados en Santiago, Lugo, Arzúa, Mazaricos, A Baña, Boimorto...

O Paso de Vaca é unha iniciativa que transforma pasos de cebra en pasos de vaca. Non temos nada en contra das cebras, pero... estando en Galicia, represéntannos moOoito máis as vacas

As cebras cáennos estupendamente. Pero, se hai un animal que leva séculos formando parte da nosa paisaxe, da nosa cultura e da nosa maneira de vivir, ese é a vaca. Por iso, esta semana, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, inauguramos xunto ao Concello de Burela un novo Paso de Vaca, unha iniciativa coa que levamos anos enchendo Galicia de manchas de vaca. Cos Pasos de Vaca queremos render homenaxe ao rural, ás persoas que o traballan e, por suposto, ás vacas.

 

E, por suposto, había que celebralo como se merece. Así que cargamos as carretillas ata arriba e fomos ao Parque Rosalía de Castro, onde está o novo Paso de Vaca, con degustacións dos nosos produtos ecolóxicos e moOoitos agasallos para todas as persoas que se achegaron a visitarnos.

Con Burela xa son nove os concellos que contan cun Paso de Vaca: Arzúa, Mazaricos, Mesía, A Baña, Boimorto, Lugo, Santiago, Pontevedra... e agora tamén Burela. Vaia rabaño! 

E isto non acaba aquí. Se queres que o teu concello teña un Paso de Vaca, fai clic aquí e pídenolo. Igual a próxima vez que cruces a rúa... faino sobre manchas de vaca.

 

 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital