ADÓPTAME

08 de Novembro de 2019

Iogures pola adopción

Nesta campaña solidaria os protagonistas dos nosos iogures son cans sen fogar que buscan unha familia que os adopte

Adóptame, iogures pola adopción

Esta campaña solidaria nace para facer visibles ás víctimas do abandono animal. Durante uns meses 8 cans abandonados son os protagonistas dos nosos iogures ecolóxicos. Podes ver aquí a nosa última edición. 
 

O noso obxectivo: facer visibles ós invisibles.

Queremos poñerlle cara aos invisibles e sempre olvidados cans abandonados, co obxectivo de fomentar a adopción e loitar contra o abandono de animais. 



Desta forma os nosos iogures ecolóxicos fomentan, a través dos seus envases, a adopción destes cans sen fogar co obxectivo de atoparlles casa e de sensibilizar, en xeral, a todos os consumidores da importancia da adopción. 

Xa son 3 as edicións nas que a través dos iogures 8 peludos diferentes entraron en miles de fogares de toda España ca esperanza de atopar a súa familia ideal. En total 24 cans de distintas protectoras de España foron os protagonistas dos nosos iogures ecolóxicos. 

  • Adóptame 2021: ¡cinco peludos foron adoptados!
  • Adóptame 2019: ¡cinco peludos foron adoptados!
  • Adóptame 2017: ¡todos os peludos foron adoptados!
  • Adóptame 2016: ¡todos os peludos foron adoptados!

Por que é necesario Adóptame, yogures pola adopción?

En 2025, segundo os datos da Fundación Affinity, chegaron a protectoras en España 265.720 cans e gatos: 

33 animais cada hora!


 

Hai moitos cans abandonados que están esperando un novo fogar para ser felices... só precisan que ti lles deas unha oportunidade!

Para facer posible a última edición de Adóptame, o noso equipo visitou cada unha das protectoras onde viven estos cans para fotografialos e convertelos nos protagonistas peludos da nosa campaña solidaria. 

Fíxose así:

 



Se estás desexando adoptar unha mascota, ou acudir como voluntario, seguro que podes atopar algunha outra perto de ti, onde tamén haxa peludos que necesiten unha segunda oportunidade, consulta este enlace.

E lembra: NON COMPRES, ADOPTA!

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital