Iogures en adopción

20 de Decembro de 2022

Non hai nada menos sostible que tirar comida
Na nosa granxa non caduca un iogur, búscase casa para todos!

Na nosa granxa témolo moOoi claro, aquí no caduca un iogur! Por iso temos un programa de Iogures en Adopción.

Cando un iogur pasou os días estipulados para poder poñelo na gran distribución (unhas tres semanas antes da data de consumo preferente), pasámolo á nosa sección de Iogures en Adopción. Que quere dicir iso? Que o poñemos na nosa tenda física a un prezo rebaixado para que atope un fogar. 

E se non o atopa? Doámolos a bancos de alimentos porque non hai nada menos sostible que tirar comida!

Concienciación en redes

Que fas cando un iogur está pasado da data de consumo preferente? Tíralo? Pois nunca máis! Hai que abrilo, ulilo, remexelo, probalo e, se sabe ben, comelo.

Aquí Adriana e Skye resúmencho ás miiiiil marabillas!


Diferenciar entre consumo preferente e caducidade

O iogur ten data de consumo preferente. Iso indica que, tras esa data, algunha propiedade do produto podería deteriorarse un pouquiño (por exemplo, no caso do iogur ter menos baterias vivas) pero é perfectamente seguro consumilo se sabe normal.

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital