XL non quere dicir velutina

05 de Xuño de 2024


A vespa crabro é autóctona pero parecida en tamaño á velutina
En Galicia temos un serio problema: a vespa velutina. É unha vespa foránea que mata centos de abellas autóctonas nun día. Pero sabías que a vespa crabro é parecida á velutina en tamaño pero é autóctona? Hai que diferencialas para non matar a esta vespa europea.

A presenza tan desmedida da velutina no noroeste español provoca fortes desequilibrios ecosistémicos xa que chegan a matar colmeas enteiras de abellas, empeorando a polinización e creando un gran desafío para os apicultores nas épocas de recollida de mel.

Diferenzas entre crabro e velutina

Tamaño:
  • A vespa crabro é lixeiramente máis grande que a velutina
  • A crabro ten o abdome e o tórax máis alongados
Cores:
  • A crabro ten o tórax e as patas vermellas
  • A velutina ten o tórax e as patas negras
  • A crabro ten o abdome amarelo e negro
  • A velutina ten o abdome negro e laranxa

Comportamento:
  • As crabro aniñan, xeralmente baixo o chan, en taludes, en muros, etc.
  • As velutinas traballan, sobre todo, nas copas das árbores
Elías, o noso apicultor de confianza, explícacho neste vídeo:
 

Trampeo ás raíñas

Para baixar a densidade de velutinas na nosa granxa, Elías realiza un trampeo mapeado por toda a finca. Este trampeo está enfocado ás raíñas, para evitar que creen niños. Ademais, nas trampas que elabora non poden caer avespas crabro, precisamente porque son máis grandes e non caben polo oco. Tamén fai uns pequenos buracos na metade da trampa para que, se cae algún pequeno insecto, teña a oportunidade de saír.
Elías en Casa Grande de Xanceda con un nido de velutinas
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital