Visita especial ¡Planta unha grosella!

04 de Maio de 2017

Anímaste a participar no noso proxecto de biodiversidade?

Este domingo 7 de maio ás 15:00h imos plantar diferentes froitos vermellos nos nosos prados. Con eles axudaremos á alimentación dos diferentes animais  do noso ao redor e por tanto colaboraremos en mellorar a biodiversidade.

Anímaste a participar no noso proxecto de biodiversidade? Este domingo 7 de maio ás 15:00h imos plantar diferentes froitos vermellos nos nosos prados. Con eles axudaremos á alimentación dos diferentes animais  do noso ao redor e por tanto colaboraremos en mellorar a biodiversidade.

 

Como conseguir unha entrada?

Para conseguir as entradas para esta visita é necesario ser un dos gañadores do concurso de Facebook que estará vixente do día 4 ás 12:00h ao día 5 ás 12:00h. As cinco persoas con máis me gusta na súa publicación serán gañadores de catro entradas.

 

En que consiste a visita?

Participa nunha visita guiada á nosa granxa e á contorna que a rodea! Unha xornada na que teredes a oportunidade de coñecer máis sobre a biodiversidade da nosa granxa e ademais plantaremos froitos vermellos!
 

Este percorrido guiado componse de:

-          Plantación dunha planta de froitos vermellos por persoa, coa axuda dunha das nosas monitoras.

-          Explicación sobre as diferentes accións de fomento da biodiversidade da nosa granxa.

-          Pequena ruta polos prados, carballeiras e humidais de Xanceda

-          Visita á Eco Huerta e Eco Zoo (os nenos poderán dar para comer e cepillar aos nosos gordiños ponis , cabras, ovellas e outros animais de granxa.

-          Visita á Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde degustaremos os produtos elaborados na granxa así como outros produtos ecolóxicos. MuUuliciosos!

-          Despois da visita, e se nosa querida climatoloxía nolo permite, os nenos poderán xogar no noso parque de pacas e de tractores.

 

Ollo!!! Esta é unha visita especial para plantación de froitos na que se realizarán as actividades descritas anteriormente. Hai zonas da granxa que unicamente se ven nunha visita estándar e que neste caso serán substituídas pola actividade de plantación.

Esperámosvos!! 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital