04 de Maio de 2017
Anímaste a participar no noso proxecto de biodiversidade?Este domingo 7 de maio ás 15:00h imos plantar diferentes froitos vermellos nos nosos prados. Con eles axudaremos á alimentación dos diferentes animais do noso ao redor e por tanto colaboraremos en mellorar a biodiversidade.
Anímaste a participar no noso proxecto de biodiversidade? Este domingo 7 de maio ás 15:00h imos plantar diferentes froitos vermellos nos nosos prados. Con eles axudaremos á alimentación dos diferentes animais do noso ao redor e por tanto colaboraremos en mellorar a biodiversidade.
Como conseguir unha entrada?
Para conseguir as entradas para esta visita é necesario ser un dos gañadores do concurso de Facebook que estará vixente do día 4 ás 12:00h ao día 5 ás 12:00h. As cinco persoas con máis me gusta na súa publicación serán gañadores de catro entradas.
En que consiste a visita?
Participa nunha visita guiada á nosa granxa e á contorna que a rodea! Unha xornada na que teredes a oportunidade de coñecer máis sobre a biodiversidade da nosa granxa e ademais plantaremos froitos vermellos!
Este percorrido guiado componse de:
- Plantación dunha planta de froitos vermellos por persoa, coa axuda dunha das nosas monitoras.
- Explicación sobre as diferentes accións de fomento da biodiversidade da nosa granxa.
- Pequena ruta polos prados, carballeiras e humidais de Xanceda
- Visita á Eco Huerta e Eco Zoo (os nenos poderán dar para comer e cepillar aos nosos gordiños ponis , cabras, ovellas e outros animais de granxa.
- Visita á Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde degustaremos os produtos elaborados na granxa así como outros produtos ecolóxicos. MuUuliciosos!
- Despois da visita, e se nosa querida climatoloxía nolo permite, os nenos poderán xogar no noso parque de pacas e de tractores.
Ollo!!! Esta é unha visita especial para plantación de froitos na que se realizarán as actividades descritas anteriormente. Hai zonas da granxa que unicamente se ven nunha visita estándar e que neste caso serán substituídas pola actividade de plantación.
Esperámosvos!!
