Vacas Contra o Cancro de Mama

18 de Outubro de 2018

As nosas vacas visten un lazo rosa para concienciar sobre o cancro de mama
Hoxe as vacas da nosa granxa ademais de lucir as súas habituais manchas negras, locen un bonito lazo rosa para concienciar no rural pola prevención no  cancro de mama.

Vacas contra o cancro de mama

  • As vacas da nosa granxa visten un lazo rosa polo día mundial do cancro de mama.
  • A simpática foto das vacas co lazo está nas redes sociais e ten como obxectivo doar 1000€ para a loita contra o cancro.
Vacas contra el cancer de mama

Hoxe as nosas vacas visten o famoso lazo rosa, símbolo da loita contra o cancro de mama, no día mundial do cancro de mama, 19 de outubro.
A imaxe das vacas co lazo, estase a facer moi popular no noso facebook , por que? Porque forma parte dunha publicación solidaria: cada vez que se comparta doarase 1€ contra o cancro.
O obxectivo é 1000 compartidos, que se converterán en 1000€ e que finalmente se doarán á Asociación Contra o Cancro de Ordes para que se destinen á investigación e prevención do cancro.

Vacas contra el caner y la asociación contra el cancer de ordes

Ademais de conseguir fondos para a asociación, o importante desta iniciativa é que chegue a moOooita xente e que máis persoas se sensibilicen coa realidade desta enfermidade á que só podemos combater con prevención e investigación.
A concienciación e control do cancro é aínda máis importante no rural xa que existen dificultades engadidas como a distancia, o descoñecemento de servizos existentes para os enfermos, ou a falta de concienciación para cumprir cos recoñecementos regulares e de prevención.
O cancro de mama afecta en España a unha de cada 8 mulleres, e cada ano diagnostícanse preto de 27.000 novos casos! Grazas aos avances da ciencia e as investigacións é un cancro que, se se detecta a tempo, pódese vencer!.

Vacas contra el cáncer de mama Casa Grande de Xanceda
Vacas contra el cancer Casa Grande de Xanceda
 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital