Unos establos moOoi sostibles

11 de Xaneiro de 2022

Puxemos placas solares sobre parte das nosas cortes para producir electricidade
As nosas 300 vacas foron as primeiras en ver esta suÚuper idea do noso departamento de proxectos e sostibilidade
Traémosche unha novidade con moOoita enerxía, e nunca mellor dito! Instalamos 122 paneis solares sobre parte dunha das nosas cortes en parte dos tellados que dan ao sur.

Eficiencia e sostibilidade

Desde o noso departamento de Proxectos e Sostibilidade, explícancho así de fácil: "canta menos enerxía de fóra precisemos, máis sostible é o noso sistema".  

Pues así de sinxelo: as placas solares instaladas permítennos ser menos dependentes da rede eléctrica, ser máis sostibles e, claro, reducir a nosa factura da luz.


(Imaxes cedidas por Pansogal)

Ademais, a enerxía solar é unha enerxía que, polos seus ritmos de produción, é moOoi compatible cos momentos de consumo máximo das granxas. E así aproveitamos o espazo do teito das naves! Está tooooodo pensado. 

Este é outro paso na nosa filosofía de ser unha Biogranxa: traballamos coa natureza (neste caso co sol), non contra ela. Contámosche un segrediño: o obxectivo dos nosos compis de Proxectos e Sostibilidade é instalar outros tantos paneles no resto do teito, ¡guau!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital