Unha rápida e deliciosa panna cotta de iogur por María Varela

26 de Novembro de 2021

A Parada das Bestas, unha cociña de kilómetro cero!
María Varela, aposta polos produtos locais e, prepara unha pana cotta riquíiiisima co noso iogur junior con amorodos e leite ecolóxico.
O proxecto Vacachefs, de Casa Grande de Xanceda, non para! Seguimos recorrendo restaurantes galegos para axudar á hostalaría, un dos sectores máis golpeados pola pandemia.
 

A Parada das Bestas, unha casa rural en Palas de Rei,
onde os produtos locais son a súa preferencia
!


Tras os fogóns de A parada das Bestas atópase a xa coñecida María Varela que nos ensina, na súa cociña, a elaborar unha moOooi pero que moOooi fácil: panna cotta de iogur, feita co noso junior con amorodos e o noso leite semidesnatado uht.



Tomaches boa nota? Se non o fixeches, non te preocupes! Aquí tes os detalles:


Ingredientes:


Elaboración:

  • Hidratar a xelatina en auga fría. Deixámola uns minutos para que amoleza. 
  • Quentamos un pouquiño o leite para disolver o azucre.
  • Incorporamos o azucre e removemos ata que quede totalmente disolto.
  • Escorremos a xelatina e incorporámola á mestura anterior.
  • Engadimos os dous junior con amorodos e removemos.
  • Vertemos o preparado nuns moldes e deixámolos arrefriar aproximadamente unhas 6 horas no frigorífico. 


Empratado:

  • Retirámoslle o molde a nosa panna cotta de iogur e acompañámola dun par de anacos de amorodos e unhas follas de menta que lle aportarán o toque perfecto! 



E agora... Chega a mellor parte, só falta probala! Que a desfrutes!

 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital