Unha patrulla do máis GUAU

28 de Abril de 2023

Mazapán, Quin, Canela e Mora únense ás filas da nosa patrulla canina
Acompañarán a Isolda, Tristán, Avellana, Sil, Filloa e Malibú, o equipo veterano
Este ano a nosa patrulla gardavacas tivo novas incorporacións! Por que é taaaan importante para nós que este equipazo estea en plena forma? Pois porque son os responsables de coidar das nosas vacas. Os mastíns vixiantes encárganse, xunto cos burros de avisar da presenza de lobo e defender ás nosas raíñas. 

O asistente da xefa

Malibú é a xefa da patrulla, a encargada de que os mastíns non  salten as quendas de vixilancia e de supervisar a Quin, o bolseiro. Pero con todas estas novas incorporacións, pediunos un asistente. Así que adoptamos a Mazapán, que lle leva a axenda que dá xenio e pronto empezará a acompañalas a ela e Adriana aos coles para dar clase! Benvido, precioso!!

Quin o bolseiro

Quin é o noso bolseiro de pastoreo. A súa función vai ser axudar ao equipo de granxa a traer as vacas dos prados. E, para que sexa moOoi eficiente na súa tarefa, está en prácticas. E parece que lle van estupendas, ou iso nos chiva o seu educador e os compis! Ademais, lévase súper ben con Mazapán, son os besties da granxa! 

Canela e Mora, as fillas adoptivas de Tristán

Canela e Mora son dúas eficientes señoritas que se incorporaron aos mastíns vixilantes. Están Tristán, Junior e Valentina. O máis GUAU é que Tristán adoptounas! Coida moito telas mentres lles ensina o nobre arte da vixilancia, ben por ti, Tris! 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital