Un suÚuper fermento para os peques

12 de Abril de 2021

Incorporamos á nosa gama de Junior o fermento LGG®
O equipo de calidade de Xanceda está sempre á procura e captura de novas ideas para mellorar os nosos produtos. Desta volta tocoulle á gama Junior. O noso iogur para os máis peques de sempre, con leite e froita eco... agora con suÚuper fermento  LGG®!

Os nosos Junior de sempre, agora con suUuper fermentos LGG®!

Yogures Junior ecológicos ahora con suUuper fermentos LGG

Deliciosos coma sempre, elaborados con leite ecolóxico e ningún conservante, pero cunha graaaaan novidade: o suÚuper fermento LGG®.
 
Junior ecológico con Fresas de las de verdad! y con suUuperfermentos LGG Junior Ecológico con Manzana y Plátano ¡de los de verdad! y con suUuperfermentos  
Junior ecológico con Fresas ¡de las de verdad! con suUuperfermentos LGG® Junior ecológico con Manzana y Plátano ¡de los de verdad! con suUuperfermentos LGG®
 

Nesta publicación contámosche todo sobre este suUuper fermento.

O fermento LGG®
O fermento LGG® é unha moOoi boa axuda para manter as defensas do corpo. Por que? Porque, entre outras cousas, é beneficioso para o noso intestino. Á súa vez, un intestino saudable é indispensable para un sistema inmunolóxico san. E aí está a clave!

Una graaaan axuda para o intestino

Fermento LGG el probiotico más estudiado para los peques


Sabías que entre o 70 e o 80% das células inmunes do corpo están no tracto grastrointestinal? Isto quiere dicir que unha mala alimentación ou un estilo de vida estresante poden influír negativamente no sistema inmunitario porque volven a nosa flora intestinal menos diversa.

Así, a cepa probiótica LGG®, chega ao rescate. O probiótico LGG® interactúa coas células inmunes ubicadas no intestino. Ademais, adhírese ás paredes, polo que o seu efecto beneficioso é máis duradeiro e, desde aí, axuda ás defensas do corpo e á resposta inmune. 

  

A cepa LGG®: A mellor documentada

A evidencia científica suxire que a cepa probiótica LGG® pode:
 
  • Impactar favorablemente sobre as defensas do corpo e a resposta inmune. (1)
  • Reducir o risco e a duración das molestias do tracto respiratorio.
Estudio de efecto en niños lgg Ensaio aleatorio (2), dobre cego, controlado con placebo, realizado en 281 nenos que recibiron a cepa LGG® ou placebo.
Durante un período de tres meses, menos nenos do grupo que recibiu a cepa LGG® experimentaron molestias no tracto respiratorio en comparación co grupo placebo.
  • Reducir as ausencias a cole e gardería. (3)
  • Reducir prescricións de antibióticos por infección respiratoria. (4)

(1) Davidson LE, et al. Eur J Clin Nutr. 2011;65(4):501-7
(2) Hojsak et al. Clin Nutr, 2010;29:312–316
(3) 2017; 7(9): e018115.
(4) Hojsak I, et al. Pediatrics. 2010;125(5):e1171-7.


Ademais estudouse en nada máis e nada menos que 200 ensaios clínicos e describiuse en máis de 800 publicacións científicas.

YOGURES JUNIOR AHORA CON SUUUPER FERMENTO LGG
 

O probiótico máis investigado para os peques

O suUuperfermento LGG® está asociado cunha menor incidencia de problemas respiratorios e con menor duración deste tipo de síntomas en caso de telos. Ademais, a cepa está relacionada cunha mellor saúde dental.

Lactobacillus Rhamnosus, LGG®, foi usado desde 1990 como un ingrediente en suplementos alimentarios.

Evidencia científica da cepa LGG® sobre a saúde inmunolóxica
A cepa LGG® foi extensamente estudada en diversas áreas de idade e, especialmente, na pediátrica: recén nados, bebés de menos dun ano e nenos entre 2 e 5 anos. Estudos de LGG® en nenos:
1 Arvola T, et al. Pediatrics. 1999;104(5):e64.
2 Underwood MA, et al. J Pediatr Gastroenterol Nutr. 2009;48(2):216-25.
3 Vanderhoof JA, et al. The Journal of Pediatrics. 1999;135(5):564-8.
4 Hojsak I, et al. Pediatrics. 2010;125(5):e1171-7.
5 Isolauri E, et al.Pediatrics. 1991;88(1):90-7.


Toda a nosa gama Junior cos Junior de culler agora, con suUuper fermentos LGG® 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital