Un peito e unha cicatriz para visibilizar a loita contra o cancro de mama

18 de Outubro de 2022

Con esta campaña queremos doar 1000€ á Asociación Española contra o Cancro
Este ano, como novidade, doaremos tambén 1€ por cada pedido que saia da nosa tenda online ata o 31 de outubro. 

Non, en Casa Grande de Xanceda non temos medo nin aos peitos nin ás cicatrices. Por eso este ano, polo Día Mundial contra o Cancro de Mama queremos visibilizar a importancia da prevención e a cicatriz como algo totalmemente normal, que non hay que agochar.

E fixémolo como sempre: ao estilo granxeiro. Usamos dous rulos de herba seca e a arte da muralista Nana. Nun deles pintou un peito e noutro unha cicatriz que se aprecian a vista de paxaro (e de dron). 

O vídeo da acción está nas nosas redes sociais, e por cada vez que sexa comprtido estaremos doando 1€ á Asociación Española contra o Cancro de Ordes. Puxémonos un obexectivo de 1000 compartidos. ¿Axúdasnos a conseguilo?


 

Pedidos solidarios

Este ano, ademáis da campaña en redes, por cada pedido que saia da tenda online ata o 30 de outubro, doaremos 1€ á Asociación Española contra o Cancro para seguir avanzando en materia de investigación e prevención. 

A importancia da atención primaria no rural 

Según a Organización Mundial da Saúde (OMS) o cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres e a principal causa de morte. Por eso, queremos reivindicar a importancia da atención primaria no rural que actualmente se atopa con déficit de profesionais e tamén pedimos a administración sanitaria non escatime no programa de detección precoz porque é fundamental para encontrar casos no rural. 

Esta é unha campaña de responsabilidade social corporativa da nosa granxa. Destinamos cada ano parte dos nosos beneficios a este tipo de accións. 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital