Un novo Paso de Vaca para cruzar en Ferrol!
Presentámosvos nada máis e nada menos que o noso novo Paso de Vaca. Esta vez o sitio escollido foi Ferrol, concretamente no
barrio de Canido. Un marabilloso sitio cheo de meninas.
Todos os anos, a principios de setembro, celébrase o
Festival das Meninas de Canido. E
ste festival xunta a montóns de artistas para que plasmen a súa arte nas paredes do barrio, facendo versións das Meninas de Velazquez.
Este ano decidimos apuntarnos ao festival con dúas tremendas obras de arte:
¡Un novo Paso de Vaca e un mural das meninas ao estilo de Casa Grande de Xanceda! E, para celebralo, levamos un stand con moOoitas actividades, degustacións e agasallos.
O mural debuxouno a artista ordense
Nana. E, por suposto,
a Infanta Margarita tiña que levar print de vaca e Malibú ser a protagonista desta bruUutal obra de arte.
E estaraste preguntanto: canto tempo levou pintar esa fachada? Pois nin máis nin menos que 4 días, de xoves a domingo. ¿Queres ver o vídeo do proceso? Pois fai click
aquí!
E por supuesto, fixémolo de novo! Seguimos no noso empeño de que os pasos de vaca cheguen a todas as cidades e vilas galegas.
Non é que teñamos nada en contra das cebras, pero en Galicia hai case un millón de vacas e moi poucas cebras. E festexámolo por todo o alto, mira o ambientazo do noso stand.
Motivos para o Paso de Vaca de Canido
Canido é o exemplo de como convertir unha zona presa da despoboación nun barrio de referencia na cidade de Ferrol a través da arte e, por iso, o Paso de Vaca, non podía faltar nas súas rúas.
O Paso de Vaca quere ser un símbolo das cidades e vilas galegas como homenaxe ao sector agrogandeiro e ás vacas e tamén para reivindicar o consumo de produtos lácteos locais a un prezo xusto, para manter un rural vivo. Nun lugar como Galicia, sobran os motivos para esta homenaxe ás vacas. É o territorio que máis leite produce en todo o Estado e o décimo no ranking europeo. Ademais, as vacas forman parte da nosa idiosincrasia, somos case tres millóns de galegos e case un millón de vacas.
Outros Pasos de Vaca
En Galicia hai outros seis pasos de vaca. Sitúanse en Santiago, Arzúa, Mazaricos, Santa Comba, A Baña e Mesía. O primeiro paso estivo instalado, de xeito temporal, en A Coruña.