18 de Outubro de 2023
Obxectivo? 1000 pasos, 1000 eurosTinguimos de rosa un dos nosos pasos de vaca por unha boa causa: visibilizar a loita contra o cancro de mama e redacad fondos para seguir avanzando en investigación e prevención
Por indicación do noso Consello Maior de Vacas instalamos un Paso de Vaca moOoi especial na granxa: é un Paso de Vaca Solidario.
Por cada persoa que cruce as súas manchas rosas e rexistre o seu paso, doaremos 1€ á Asociación Contra o Cancro de Ordes. O noso obxectivo? 1000€, ou sexa, 1000 pasos. En canto tempo? Esta iniciativa estará instalada ata o 19 de novembro.
O equipo de Xanceda (vacas incluídas) animamos a toOoda a comarca e aos visitantes a dar un paso contra o cancro de mama.
Ademais, a nosa compi María quixo unirse a esta iniciativa taaaan chula e, por cada pedido que saia da nosa tenda online, doaremos 1€ en nome da persoa que fixese o pedido a maiores dos 1000€ que sairán do noso Paso de Vaca.

O noso obxectivo, ademais de lograr fondos para a Asociación, é sensibilizar e visibilizar esta enfermidade xa que a investigación e prevención é fundamental. O cancro de mama supón o 30% dos cancros diagnosticados en mulleres en España, o ano pasado diagnosticáronse case 35.000 novos casos.
A concienciación e a importancia da prevención son fundamentais no rural onde existe máis descoñecemento e dificultade de acceso á información. Por iso non nos cansamos de reclamar máis e mellor atención primaria pública, o primeiro chanzo para a detección.
Esta é unha iniciativa de responsabilidade social corporativa da nosa granxa. Recordas as doutros anos? Podes velas todas aquí:
En 2020 fixemos un lazo xigante con bolas de silo para dicirlle ao mundo que desde o rural tamén loitamos contra o cancro:
En 2021 vinilamos o noso tractor para concienciar e visibilizar a loita contra o cancro no rural.
En 2022 dibuxamos un peito e unha cicatriz para visibilizar a importancia da prevención e de normalizar as cictrices:
