O muralista galego Yoseba Muruzábal transforma unha das nosas cortes polo Día do Leite
Polo Día do Leite recreamos nunha das nosas cortes a fotografía icónica que inmortaliza as grandes paixóns do noso fundador, Felipe Fernández-Armesto: as vacas en liberdade e o rural galego. Nesta imaxe, Felipe, posa cun libro nun dos nosos prados mentres unha vaca contémplao coa atención que elas sempre poñen a todo.
As nosas vacas encargáronlle esta importante tarefa ao muralista galego Yoseba Muruzábal, coñecido polas súas "Superavoas galegas". Yoseba estivo unha semana dando brochazos, moOoi ben acompañado por Skye e as nosas raíñas para darlle un tamaño de 4x6 metros a esta escena fotográfica.
Pero, ademais, Yoseba quixo ampliar esta escena, creando unha gran praderia con máis vacas. E ímosche contar un dos segredos do muUural. Fíxate na foto que vén a continuación. Imaxina que na porta, que é de corredeira, estivese aberta. Ves que non se altera o deseño? Por iso hai dúas vacas tumbadas unha trala outra e o skyline é parecido! Se é que só un artista do talle de Yoseba podería idear isto! Hai que ver o ben que fixeron as nosas vacas o casting de selección!
Unha filosofía para unha produción láctea
Quixemos facer esta homenaxe a Felipe porque, aínda que Casa Grande de Xanceda evolucionou moOoito desde aquelas primeiras 20 vacas que trouxo do Canadá no 1968, a súa filosofía permanece a día de hoxe. Os nosos fundadores estaban convencidos de que había un xeito mellor e máis responsable de producir lácteos no rural. E isto, xunto coas vacas en pastoreo, foron dúas constantes desde aquela ata hoxe.
En Galicia somos moito!
Aí van 3 boas razóns para celebrar o Día do Leite:
We love rural: o sector lácteo galego axuda a manter un rural vivo e iso... nótase!
Hai concellos galegos con máis vacas que habitantes. Estas simpáticas son parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa paixase.
O rural galego sofre unha gran despoboación. A produción de leite mantén vivas moOoitas das nosas aldeas
Pasos de vaca para poñer en valor o sector primario!
En Casa Grande de Xanceda non temos nada en contra de las cebras, pero cremos que as vacas nos representan moOoito máis! Por iso temos pasos de vaca instalados en diversos puntos da xeografía galega, e xa van dez! O último deles no Concello de Boimorto!
Pero esta iniciativa foi moOoito máis aló, mesmo pintamos de print de vaca a muUuralla de Lugo e puxemos un carril bici-vaca en Pontevedra.