16 de Outubro de 2020
Un lazo rosa ao máis puro estilo granxeiro para loitar contra o cancro
Por cada vez que se comparta o vídeo co lazo rosa, doaremos 1euro contra el cáncro ata un obxectivo de 1000 compartidos, conseguirémolo?
O diñeiro será doado á Asociación Española Contra O Cancro da Xunta local de Ordes.
Dende a nosa granxa dispuxemos nun dos nosos prados ecolóxicos rulos de herba ecolóxica para debuxar un lazo enorme para enviar unha mensaxe a toOoodo o mundo: dende o rural tamén loitamos contra el cancro!

Queremos que se comparta e que chegue a moita xente, e tamén, axudar! Por iso cada vez que se comparta este vídeo en Facebook doaremos 1 euro ata un obxectivo de mil compartidos que se convertirán en mil euros que irán destinados á Asociación Española Contra El Cancro da xunta local de Ordes.

Cómo se fixo
Os rulos de herba habitualmente envólvense en plástico negro, blanco o mesmo verde para que a herba se conserve e fermente e sirva de alimento ás vacas. Nesta ocasión buscamos un de cor rosa co que facer esta figura tan representativa da loita contra el cancro de mama. Para colocalo e facer a figura utilizamos un tractor con pinzas e para conseguilo axudáronnos os nosos amigos de Agroforestal Xanceda, moOoitas grazas!

