Un ecolabirinto terroríficamente natural

04 de Setembro de 2023

Estreamos ecolabirinto!
Este ano,  o noso ecolabirinto quedounos de medo! Sigue lendo para descubrir todo o que esconde.
Como xa é tradición, en Casa Grande de Xandeda convertimos un dos nosos campos de millo nun ecolabirinto pero... non é un calquera!  Este ano quedounos de medo porque creamos un ecolabirinto terroríficamente natural! Mira o vídeo e descubre cal é a forma oculta que esconde.

 

GUARDIÁNS DO MILLO

Este ano o noso ecolabirinto é unha homenaxe aos morcegos, uns animaliños que son moOoi importantes para a agricultura eco (aínda que poucos o saben). O seu papel é esencial no control de pragas nos cultivos, e o verme do millo é un dos seus alimentos favoritos!
Tamén axuda a regular as poboacións de insectos manténdoos lonxe de cultivos de forma totalmente natural. É por iso que son tan importantes para a agricultura eco, grazas e eles non necesitamos usar pesticidas, nin herbicidas dañinos.
 

POLINIZADORES NA QUENDA DE NOITE

Ademais de axudarnos no control de pragas, pola noite os morcegos relevan as nosas amigas as abellas. E que os morcegos son tamén animais polinizadores sen os cales moitas especies de prantas non terían como reproducirse. Son animales clave para a biodiversidade xa que son capaces de expandir o polen a distancias moOooi longas mediante o voo.


DESEÑADO CON AGRICULTURA DE PRECISIÓN

Este labirinto, fíxose con un diseño desenrolado e adaptado ao noso terreo e posteriormente sementado no prado con agricultura de precisión. Pero... que é iso? Pois basicamente consiste nun programa que lle di ao tractor onde ten que plantar e onde non (o que ven sendo un Smart Tractor). Grazas aos nosos compis de Agricultura Noroeste e Agroforestal Xanceda por facer posible o noso ecolabirinto un ano máis!
Podes ver aquí como se fixo o ecolabirinto do ano pasado usando tamén agricultura de precisión.


QUERES VISITALO?

Aínda que as visitas para o mes de setembro están completas, temos boas novas: podes conseguir entradas para acceder a UNHA AVENTURA ESPECIAL ACCESO ECOLABIRINTO aquí:


 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital