Un dato que seguro que non sabes: a vacinación é un asunto de vacas

18 de Febreiro de 2021

Le este artigo e descubre a relación entre as vacas, as vacinas e a varíola
Sen as vacas a varíola seguiría existindo e, grazas a elas, temos a técnica da vacinación. Nese punto comezamos!

Por que estamos falando tanto de vacinas e nada das vacas?

As nosas vacas están algo enfadadas. ¿E o motivo? Que levamos meses falando da vacinación… e ninguén se lembra delas! Estaraste preguntando que pintan as vacas en todo isto… moi sinxelo: son a peza fundamental desta historia.

Todo comezou coa varíola, unha enfermidade que causaba vexigas na pel. Mataba a 400.000 persoas ao ano en Europa e era a principal causa de cegueira no continente. Era una enfermidade devastadora pero, hoxe en día, está totalmente erradicada e todo grazas ás vacas!.

As pastoras de vacas, as máis fermosas

Antigamente as vaqueiras tiñan fama de mulleres moOoi fermosas. Un dos motivos é, precisamente, que non contraían a varíola humana. Que as salvaba da enfermidade? Que, ao ter contacto frecuente coas vacas, contraían a varíola bovina. Esta variante era moito menos grave que a humana, non deixaba cicatrices permanentes e, o máis importante, ¡inmunizaba ás vaqueiras fronte á variedade humana!.

Por certo, temos que dicir que o das vaqueiras femosas debe ser verdade: só hai que ver ás nosas compañeiras de granxa!

As vacas, a solución

A primeira persoa que reparou neste fenómeno foi o médico inglés Edward Jenner que pensou que a cura para a varíola podería estar nas nosas nobres amigas rumiantes.

O noso médico empezou a experimentar: inxectaba a personas saudables líquido das vexigas das vacas. ¡Eureka!: os pacientes desenvolvían unha enfermidade moOoi suave que se curaba facilmente e facíaos inmunes contra a doenza humana.

As vacas e a ciencia gañaron a batalla:pouco a pouco a poboación foise convencendo de que as ideas do doutor Jenner eran as correctas e en 1980 obtiveron a vitoria final: a OMS declarou oficialmente erradicada a varíola de tooooooda a terra.

Sen vacas, non habería vacinación

En definitiva, xa sabes por que “vacinación” vén da palabra “vacuno”… ¡GUAU! En esencia, a técnica para todas as vacinas, tamén para a do covid, mana desas primeiras vacinas procedentes das vacas. Agora que xa lo sabes, failles un favor e difunde este artigo de #vacapedia, ¡saltarán de ledicia!.
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital