Un Stracciatella moOoi especial

21 de Marzo de 2021

O noso Stracciatella ecolóxico está formulado para un gran desfrute sen remordementos
Con deliciosas pebidas de chocolate e un toque avainillado pertence á nosa gama de gregos moOoi cremosos
O departamento de I+D+i de Xanceda nuUunca para de buscar novos produtos para desfrutar ao grande. Unha das súas últimas ideas foi o Stracciatella Ecolóxico... ¡¡GUAU!!

Con chocolate pero sen remordementos

O chocolate do noso Stracciatella está DE LI CIO SO e ademais, podes desfrutarlo sen remordementos porque só ten un 5,6% de materia graxa. Pertence á nosa liña de gregos e iso quere dicir que está moOoi cremoso. Ten un toque avainillado que se funde co chocolate... En definitiva, por moito que queiramos explicarcho con palabras, a explosión de sensacións no padal é tal, que terás que probalo ti mesmo. 

É probiótico porque aos fermentos do iogur súmanse bifidobacterias que te farán sentir moOoi ben. É moOoi bo para ti! Por suposto, elaborado co leite das nosas vacas felices que saen pacer 360 días ao ano a pradeiras libres de pesticidas, herbicidas ou fertilizantes químicos. 


Podes ver toda a información nutricional na nosa sección de produtos.

Que onde puedes mercalo? Pois en Gadis, en Eroski Galicia, en Bio Espacio Orgánico, en Ecocentro Red, en Mercado de Valdebebas, en Natura SI, en Obbioshop, na Cesta Verde... Consulta aquí todas as tendas onde podees atopar os nosos produtos.
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital