Un Paso de Vaca en cada cidade de Galicia

29 de Setembro de 2018

Iniciamos una petición en Change.org para conseguir Un Paso de Vaca en cada ciudad de Galicia
Inauguramos o primeiro paso de vaca da historia na Coruña, era un prototipo un primeiro paso para o noso obxectivo final: un paso de vaca en cada cidade de Galicia! Agora tentaremos conseguilo recollendo firmas na plataforma change.org

Un Paso de Vaca en cada cidade de Galicia

  • Iniciamos unha petición en Change.org para conseguir Un Paso de Vaca en cada cidade de Galicia.

  • Contámoche 10 boas razóns polas que cada cidade Galega debería ter o seu propio paso de vacas

Nas cidades atopamos os típicos pasos de peóns como sinal internacional para marcar o cruzamento de peóns. Con respecto e agarimo a todas as cebras, pedimos que en todas as cidades, ou centros urbanos de Galicia teñan, polo menos, un PASO DE VACA en lugar do paso de peóns, é dicir un paso que en lugar das típicas raias de cebra teñan as manchas representativas das vacas leiteiras. 

- Por suposto, o paso de vaca pode traspasar as fronteiras galegas, e están chamados a esta iniciativa todas as cidades ou centros urbanos vinculados a comarcas leiteiras!


Ahora podes unirte ao movemento #PasoDeVaca firmando na petición que iniciamos en Change.org

Firma en Change.org para que cada cidade de Galicia teña un Paso De Vaca

 

10 boas razóns para que cada cidade galega teña o seu propio Paso de Vaca

  1. Porque Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España.
  2. Porque as vacas forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa paisaxe. Somos case tres millóns de galegos e case un millón de vacas!
  3. Porque o rural galego sofre un gran despoboamento, e son sectores, como o leiteiro o que mantén vivas moitas das nosas aldeas.
  4. Porque máis de 8400 familias dedícanse directamente á produción de leite en Galicia e podemos multiplicar por dous ou por tres os postos indirectos que xera.
  5. Porque gran parte do rural de Galicia sobrevive é por obra e graza de todas as vacas e familias gandeiras galegas.
  6. Porque a pesar das complicacións do sector lácteo e da súa, ás veces, difícil supervivencia, Galicia está no posto 10 nas áreas que máis leite producen de toda Europa.
  7. Porque as cebras encántannos, pero non nos representan e as vacas Si nos representan.
  8. Porque “a vaca é o símbolo da Paz”, segundo Castelao.
  9. Porque os pasos de vaca pódense converter nun símbolo das nosas cidades, que os visitantes e turistas busquen para fotografarse e que sirva para contar un pouquiño da nosa historia e cultura, igual que o “ Ampelmann” en Berlín, o “banco máis bonito do mundo” en Ortigueira, ou o skyline de Nova York.
  10. Porque cada vez que alguén cruce un paso de vacas e coñeza a súa historia, acordarase do rural e lembrará que consumir produtos de orixe próxima e a un prezo xusto axuda á supervivencia de miles de familias.

Por todas estas boas razóns demandamos un paso de vaca en cada cidade de Galicia ou centro urbano e, por suposto, tamén estendido a todas aquelas comunidades leiteiras que sentan identificadas.

Como exemplo temos a experiencia do PRIMEIRO PASO DE VACA DA HISTORIA no centro de A Coruña que foi cruzado por centos de persoas, e retransmitido por medios nacionais e internacionais. Igual que neste caso, por suposto entendemos que deba ser nunha zona segura, peatonal ou semipeatonal para que non supoña ningún problema para o tráfico e a seguridade.

Esta é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda para a revalorización do rural.

Máis sobre esta iniciativa de Paso De Vaca:
Galicia ¡somos la leche!
Inauguramos el primer Paso De Vaca de la Historia

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital