11 de Abril de 2022
En 2021 moOoitos dos nosos hoteis para paxaros presentaron indicios de críaAdemais, colocamos 13 caixas máis, o que fai un total de 58 refuxios nas nosas 200 hectáreas
Como todos os años, antes de empezar a primavera, o Grupo Naturalista Habitat veu facer a revisión das nosas caixas niño. Esta tarefa é moOoi importante para baleirar as caixas, limpalas e deixalas libres de parásitos para a nova época de cría. Contáronnos algunhas cousas moOoi interesantes.
Das 25 caixas-niño para aves, 16 foron habitadas. Das restantes 3 non foron ocupadas nunca, polo que o próximo ano mudarémolas de ubicación, ao mellor é que non teñen boas vistas! Outras catro si que foron habitadas o pasado ano pero están nunha zona onde estivemos facendo obras de mantemento da granxa e é moOoi probable que o ruido non lles gustase, normal, a ti pasaríache o mesmo! Agardemos que esta primavera xa se animaran.

Os morcegos non rematan de animarse a usar as súas caixas, pero no Grupo Habitat chiváronnos que prefiren outras zonas da granxa como o teito das cortes ou a palleira, non son listos nin nada!
O ano pasado unha das caixas fora okupada por unha familia de roedores, este ano xa foron dúas! Parece que detectaron que nas caixas están quentiños e seguros. Pero non foron os únicos: nunha das nosas caixas de bolboretas tamén había unha colonia de caracois.
As caixas de abellas presentan varios ocos ocupados por abellas solitarias e, nesta primavera, sairán desas celas os novos adultos do ano. As abellas solitarias son suUuper importantes porque son unhas polinizadoras top. Nos nosos hoteliños para insectos tamén se aprezaron signos de ocupación. Na imaxe podes ver un niño de párido. A capa superior está feita con pelo de vaca e das nosas mastinas, guaaaau! Ao lado podes ver as celas das que sairán as novas abellas solitarias.

Ademais de limpar e acondicionar as caixas xa colocadas puxemos 13 novas na zona da Braña do Galo. 6 para párido, 4 para lavandeira e 4 para gabeador. Agardamos que lles gusten!
Os nosos hóspedes con plumas xa están traballando nos seus niños desta primavera. Puxémonos do máis contentos ao captar a unha parella de ferreiriños cristados facendo o seu niño nunha das nosas caixas! Se te fixas ben, teñen crista, son paxaros punkies!

