Qué sabes sobre as etiquetas dos produtos?
Temos claro que hai moOoitas etiquetas de produtos diferentes. Por eso o noso Consello Maior de Vacas traeche unhos suUuper conselliños para que as sepas diferenciar, asegurándote de elixir un bo producto.
Pois si: a orde si que altera o produto
A primeira cousa que tes que saber é que os ingredientes van colocados de maior a menor cantidade. Está información é moi útil, deste modo poderedes diferenciar un producto saudable polos ingredientes que o compoñen. En Xanceda todos os produtos son ecolóxicos, deliciosos e moOoi bos para ti. Así as compras sempre serán un acerto! Como podes ver na imaxe, as nosas etiquetas son moOoi limpas!
Fuxe das palabras raras!
É importante que a lista do valor nutricional sea moi limpa e clara. En principio, guíate pola idea de que, se entendes todos os ingredientes, todo vai ben: leite, fresa, zume de limón, etc. En Casa Grande de Xanceda elaboramola con moOoito cariño e transparencia para que sempre teñas o mellor e vexas claramente como é o producto que comes.
Agora ben: se ves palabras raras como dextrosa, sacarosa e cousas que non tes nin idea de que son, sal correndo! Consello de vaca!
¡Ah! E recorda que menos calorías non ten por que significar máis saudable, hai que fixarse nos nutrintes.
Os selos, importan, e moOoito!
Antes de comprar, busca
o selo ecolóxico da Unión Europea! Así comprobarás que se trata de unha produción ecolóxica. Isto permite recoñecer con facilidade aqueles alimentos que se producen respectando o medioambiente e por suUuposto, está en todos os produtos de Casa Grande de Xanceda!
En Xanceda buscamos que as etiquetas dos nosos productos sexan o máis fáciles posibles de ler. A través delas transmitimos limpeza, claridade e transparencia porque nos gusta que os nosos Xancedadictos teñan o mellor, merecédelo!
O primeiro ingrediente de toOodos os nosos lácteos é o leite fresca ecolóxica das
nosas vacas que saen pacer 360 días ao ano a pradeiras libres de herbicidas, pesticidas e fertilizantes químicos.