01 de Outubro de 2020
Hai sete diferentes colecciónaos!
Os packs de iogures Junior levan agora unha tatuaxe de regalo, hai sete diferentes!
A serie animada "Los superhéroes de la naturaleza" é unha serie educativa en YouTube, ensina aos máis pequenos valores de respecto ó medioambiente

A natureza está en serios apuros pola contaminación e necesita urxentemente moitos Superheroes da natureza! Para identificar a todos os nenos e nenas que van axudar á natureza incluimos de regalo unha tatuaxe dentro de cada pack de iogur ecolóxico Junior. Ademáis son coleccionables, hai 7 diferentes!

No interior do cartón que agrupa aos iogures atoparás Eco-Consellos sinxelos dos Superheroes da natureza que se poden poñer en práctica de maneira moi fácil e así axudar ó medioambiente.
Lembra tamén que o cartón que envolve os vasos dos nosos iogures contén información moOoi interesante sobre a nosa granxa e as nosas vacas para seguir aprendendo. Ademais separando o vasiño do cartón poderás reciclalo e estarás axudando a darlle unha segunda vida a eses materiais. Sabías que grazas a este sistema utilizamos un 22% menos de plástico?

Os Superheroes da Natureza están en YouTube nunha serie animada e divertida para aprender sobre o medioambiente. O protagonista é un ourizo, Rosco, que nos seus paseos polo bosque atópase con amigos que lle contan os problemas que teñen derivados da contaminación, a basura... Rosco e os máis pequenos aprenderán cómo poden axudar a natureza con accións sinxelas no seu día a día.
Rosco canta, pregunta e vive aventuras nesta serie animada que ten como obxectivo ser un contido de entretemento educativo y de calidade para os nenos e nenas. Disfruta do primeiro capítulo:
Os capítulos de Rosco iranse publicando pouco a pouco ó longo deste mes, para enterarte de cando saen e non perderte os novos capítulos podes suscribirte ó noso canal de Youtube.

