Din que hoxe, 22 de marzo é o Día da Auga pero en Galicia leva sendo o Día da Auga desde o 15 de outubro que empezou a chover e xa non parou. Pero, como dicimos por aquí: se chove que chova!
Nas nosas 200 hectáreas ecolóxicas a agua é o ben máis prezado!. E non o dicimos nós, dino as nosas vacas que, grazas a ela comen toOodos os días muUuliciosa herba fresca.
Contamos con 200 hectáreas de terreo e a nosa auga é a encargada de abastecer todos os nosos prados. Como sabes, nós somos un proxecto 360º e, por suposto, tamén na xestión da auga. Como funciona isto? Doado, a auga chega á granxa directamente desde a nosa finca, aproveitámola na iogurtería e, logo, vai ao noso centro de xestión de auga: a Xunqueira. Alí limpámola e volvo ao río.
#SomosBiogranxa
Somos Biogranxa porque a nosa misión é traballar coa natureza e non contra ela. Traballamos con toda a diversidade que esta nos aporta día a día e tamén a prol do respecto e a boa utilización dos recursos naturais. Como, por exemplo, o río que rodea a granxa; o Río Gaiteiro. Ten máis de 1 kilómetro de lonxitude, está rodeado por un suÚuper bosque de ribeira e a súa parte alta, o Rego de Xanceda, é un dos piares fundamentais para a nosa Casa Grande.
Coma peixe na auga
E é que en Casa Grande de Xanceda convivimos con 210 especies de animais e 145 tipos de prantas, case nada!!! Temos 13 tipos de anfibios, 9 tipos de reptiles e 3 tipos de peixes que viven nos distintos ecosistemas que forma a auga na granxa. Así, as nosas vacas comparten as súas 200 hectáreas con toOoda esta vida silvestre. Os nosos humedais contribúen á filtración natural da auga, proporciónannos bens coma canaveiras ou pastos e, incluso, fan de esponxas contra inundacións!!! Todos estes tesouros conforman o noso Espazo Natural Protexido, as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro.
Sabías que nos humedais é onde viven e se reproducen ó 40% das especies do mundo? E que en España o 60% dos humedais desapareceron no último século? MooOoita sorte temos en Casa Grande de Xanceda de contar con tremenda fonte de vida!
Despois de contarche todo isto, agardamos que ti tamén te fagas fan da mesma filosofía ca nós: se chove, que chova!
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815